Veñen de finalizar as obras de “REURBANIZACIÓN DA BEIRARRÚA DEREITA NA RUA DOCTOR MOSQUERA”
As obras consistiron na reurbanización da beirarrúa dereita da Rúa Doctor Mosquera nunha lonxitude de 360 m e coa renovación das redes de abastecemento, pluviais e das luminarias existentes por outras de maior eficiencia enerxética.
Para a execución desta actuación foi imprescindible realizar inicialmente un by-pass na Rúa Portarraxoy de Pontecesures que permitiu realizar a obras sen deixar sen servizo de abastecemento aos veciños da zona.
Nas zonas dos sobreanchos das beirarrúas colocáronse bancos de formigón coloreado executados “insitu” con asento e respaldo de madeira de iroko tratada en autoclave, papeleiras de estrutura interior metálica e exterior con listóns de madeira tropical tratada, plantación de árbores de ámbar con alcorques de pavimento drenante unha varanda de aceiro inoxidable para salvar un desnivel existente.
Fíxose tamén o repintado da sinalización horizontal existente, debido ao seu deterioro durante a execución das obras, o pintado do resalte a executar, dous símbolos de limitación de velocidad a 30 Km/h e a recolocación da sinalización vertical e os contenedores existentes.
A obra foi executada pola empresa Nemesio Ordóñez S.A. por un importe de 114.649,87€ financiados na súa totalidade pola Deputación de Pontevedra a través da Liña 1 do Plan Concellos (POS 2019).





