MAÑA VENRES TERCEIRO MAÑÁ VENRES TERCEIRO SORTEO «PONTECESURES PROXIMO»

RECORDATORIO: Mañá venres dia 2 DE XULLO terá lugar as 12 h do mediodia no Salon de Plenos na Casa do Concello o TERCEIRO sorteo da campaña “Pontecesures Próximo”.A entrada será libre ate completar o aforo máximo de 25 persoas.Animamos a que calquer comerciante, hostaleiro, veciñ@ que queira asistir se achegue ate a Casa do Concello para presenciar o sorteo e incluso ser a persoa que extraia a papeleta gañadora de este primeiro vale de 250€.

CORTE DE AUGA NA XORNADA DO VENRES 2 DE XULLO.

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS

 AVISO DE CORTE DE AUGA

Na xornada do VENRES 2 DE XULLO, debido a obras de mellora na rede de abastecemento de auga, procederáse a un corte no subministro que afectará ás seguintes zonas:

·         Rúa Carlés.

. Avenida de Arousa.

·         Rúa Redondo (marxe dereito en sentido a Pontevedra).

·         Barrio da Tarroeira.

O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 09.00 ata ás 13.00 horasRecoméndase a tódolos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.

CICLO “MÚSICA NO AR” NO ESPAZO “PONTECESURES CARA RÍA”

O vindeiro sábado 17 de Xullo terá lugar un concerto dentro do ciclo “Música no Ar”, co patrocinio da Deputación de Pontevedra.

Este ciclo de “Musica no Ar” naceu o ano pasado co fin de levar a música clásica a espazos patrimoniais de toda a provincia.

No caso de Pontecesures, este ciclo de “Música no Ar” traerá ao espazo “Pontecesures cara a Ría” un trío do ensemble Vertixe Sonora, un dos máis prestixiosos de Galicia a nivel internacional, se pensamos en estilo clásico-contemporáneo. Composto por un trío de oboe, fagot e guitarra eléctrica, interpretarán obras de música clásica contemporánea.

Un proxecto de Vertixe Sonora sobre a conexión coa natureza e os cambios de modo para habitar o territorio a través de experimentación sonora e a exploración emocional con obras de Carolyn Cheng e Jessie Merino. Ademáis interpretarán unha peza de estrea mundial.

O acceso será libre ate completar aforo e será necesario cumprir todos os protocolos sanitarios.