Convócase a todos/as os rapaces/as no primeiro día da actividade –luns 2 de agosto– ás 10.00 horas no Pavillón Polideportivo Municipal. Será preciso que leven roupa deportiva, 2 mascarillas, auga e merenda.
Leva días e días sen funcionar este alumeado da ponte sobre o río Ulla e que afecta, ademais, ao cruce entre as rúas Victor García e José Novo Núñez. Hai perigo para a circulación rodada e para os peóns. A ver se a queixa non cae en saco roto.
O GDR do Salnés Ulla Umia celebrou onte en Pontecesures unha Asemblea Xeral. Na reunión, os concellos e empresas asociadas analizaron os proxectos desenvolvidos nos últimos meses. Uns proxectos que se dividen en dous grupos: os produtivos e os non produtivos.
Para os concellos, a axuda do GDR é fundamental para poder desenvolver numerosos proxectos.
As axudas do GDR non van destinadas só aos concellos, diferentes colectivos do rural poden beneficiarse para desenvolver os seus proxectos.
Na asemblea tamén se analizaron as contas do GDR e fixaron os futuros obxectivos. Unhas metas que pasan por continuar coa promoción da asociación para chegar a todos os interesados en desenvolver a súa idea e por proxectos destinados a promover a lingua galega e a potenciar os grupos de música.