Morreu «Chuchú»

Aos 66 anos de idade finou Jesús Castro Pérez que estaba casado con Carmen, que rexenta un posto de venda de froita e hortalizas no Mercado de Pontecesures.

Os seus restos mortais foron incinerados onte sábado, 3 de xullo, na intimidade familiar.

Descanse en paz.

MAÑA VENRES TERCEIRO MAÑÁ VENRES TERCEIRO SORTEO «PONTECESURES PROXIMO»

RECORDATORIO: Mañá venres dia 2 DE XULLO terá lugar as 12 h do mediodia no Salon de Plenos na Casa do Concello o TERCEIRO sorteo da campaña “Pontecesures Próximo”.A entrada será libre ate completar o aforo máximo de 25 persoas.Animamos a que calquer comerciante, hostaleiro, veciñ@ que queira asistir se achegue ate a Casa do Concello para presenciar o sorteo e incluso ser a persoa que extraia a papeleta gañadora de este primeiro vale de 250€.

CORTE DE AUGA NA XORNADA DO VENRES 2 DE XULLO.

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS

 AVISO DE CORTE DE AUGA

Na xornada do VENRES 2 DE XULLO, debido a obras de mellora na rede de abastecemento de auga, procederáse a un corte no subministro que afectará ás seguintes zonas:

·         Rúa Carlés.

. Avenida de Arousa.

·         Rúa Redondo (marxe dereito en sentido a Pontevedra).

·         Barrio da Tarroeira.

O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 09.00 ata ás 13.00 horasRecoméndase a tódolos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.