A ADR Ulla-Umia constitúe o Consello de Igualdade.

O 4 de outubro terá lugar en Caldas de Reis, na sede da ADR Ulla-Umia, o acto de constitución do Consello Comarcal de Igualdade. Este Consello ten por finalidade a análise da realidade social da vida local para, no campo da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, establecer necesidades, anunciar propostas e recomendacións a organismos e entidades diversas e recoller as súas peticións, ao mesmo tempo que promover a favorecer a participación cidadá.
Estará composto por asociacións representantes dos distintos grupos de asociacións da comarca.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 02/09/07

«Truchicidio» en el Sar: Reos, tortugas y hasta los mújeles de Pontecesures, en el Ulla, agonizaban ayer.

En un tramo de apenas cincuenta metros se contabilizaron medio centenar de truchas fulminadas ·· Sospechan de un vertido que habría envenenado las aguas en un tramo de 10 kilómetros ·· Reos, tortugas y hasta los mújeles de Pontecesures, en el Ulla, agonizaban ayer

Algunas truchas muertas recogidas en un tramo de 50 metros en el Espolón

Buena parte del curso del río Sar apareció ayer repleto de peces muertos, sobre todo a su paso por el municipio de Padrón, y más en concreto en la villa. Allí, según los pescadores locales, «recolléronse nun tramo de 50 metros ata medio centenar de troitas mortas, pero pensamos que a contaminación pode chegar ata o límite co concello de Teo, e tememos que teña orixe no verquido dalgunha industria». En total, las mismas fuentes, respaldadas por colectivos como la Sociedade de Pesca e Caza Padrón, calculan que pudieron resultar afectados sobre 10 kilómetros de río.

(más…)

O BASKET ESTÁ DE MODA

Proba del foi que, coincidindo cos campeonatos europeos de seleccións absolutas, pódese ver decorado coma se fose unha cancha de baloncesto, dende hai algunhas semanas, o escaparate dunha conocida tenda de electrodomésticos cesureña, ELECTRODOMESTICOS FROIS, canasta, balón e camiseta de Jordan incluidas.

100_7549-web.JPG

O noso club de baloncesto colaborou con esta casa comercial cedéndolle por estas semanas a canasta de iniciación don rapaces, e coma se pode apreciar, quedou moi curioso e orixinaleste escaparate obra de Marián.

100_7551-web.JPG

Indicar tamén que os homes da selección foron prata (nunca un 2º posto soubo a tan pouco), e que estes días son as mulleres da selección española as que están xogando o seu europeo. España está clasificada para cuartos, e chega o momento culminante para as chicas, podendo optar a ser campeonas de Europa.

Se é que os do basket…

100_7550-web.JPG

Presentación de libro por parte dun ex-policia local de Pontecesures.

O venres día 5 de outubro ás 20,30 horas, Manoel Xosé de Oliveira, presenta o seu libro «RETAZOS DE ESPERANZA» ,Poemario de silencios, no Centro cultural «Nautilius» de San Andrés de Comesaña (Vigo), intervindo no acto Amante Romero Alvarez, Andrea Fernández Maneiro, Xermán Torres de Aboal e Severino Cardeñoso Alvarez.
Manuel Olveira, nado en Vilagarcía de Arousa, foi durante bastantes anos policía local de Pontecesures xubilando por enfermidade en 1999. Deixou unha grata lembranza entre os traballadores do concello que celebran agora a súa adicación ás actividades artísticas.