Campaña Pontecesures Próximo

Este pasado venres lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello o primeiro sorteo da campaña Pontecesures Próximo.

A papeleta gañadora de un vale de compra de 250€ nos establecementos asociados á campaña correspondeu ao número 02952 que foi repartido no comercio Mar Fashion.

Tal como ven recollido nas bases o/a agraciado/a disporá de dez días naturais e inaprazables  a partires de mañá para presentar a papeleta gañadora nun estado que non admita dúbidas da súa autencidade.

Recordar a todos os posuidores de papeletas que non resultaron agraciadas que as conserven xa que participarán no sorteo final de campaña de un lote de productos valorado en 500€.

Asimesmo, de xeito excepcional e debido ao interese amosado, abrimos un novo período de adhesión á campaña “Pontecesures Próximo” que se extenderá dende o luns día 7 de xuño ate o día 11 de xuño ás 14:00 horas.

O próximo sorteo do seguinte vale de compra efectuarase o día 18 de Xuño.

Nova web para divulgar a ruta marítimo-fluvial da marca Mar de Santiago.

Mar de Santiago elixiu Valga para presentar a páxina web promocional desta marca turística que pon en valor a ruta xacobea marítimo-fluvial e os recursos dos catro concellos polos que discorre: Vilanova, Catoira, Valga e Pontecesures. O acto celebrouse no auditorio municipal coa asistencia do alcalde, José María Bello Maneiro, e dos concelleiros Malena Isorna, Pedro Calvo e Begoña Piñeiro, aos que acompañaron o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, e Laura Villar e Iván Caamaño en representación de Cesures e Catoira. Trátase dunha web moi visual, na que prima a imaxe sobre o texto, na que o visitante pode obter información para as distintas fases da súa viaxe, dende a planificación ata a súa estadía. Seccións coma “Descobre”, “Planifica a túa viaxe” ou “Que ver e que facer” permiten ao internauta coñecer os atractivos que ofrecen os catro concellos que, ademais, contan cun “microsite” no que cada municipio adquire entidade propia e que inclúe información sobre os seus recursos e unha galería fotográfica. A través desta páxina, traducida ao galego, castelán e inglés, trátase de atraer a distintos tipos de visitantes con apartados coma Gastronomía, En familia ou Turismo activo, que ofrecen diferentes alternativas de ocio.

El Correo Gallego