
Sin Categoria
CICLO “MÚSICA NO AR” NO ESPAZO “PONTECESURES CARA RÍA”

O vindeiro sábado 17 de Xullo terá lugar un concerto dentro do ciclo “Música no Ar”, co patrocinio da Deputación de Pontevedra.
Este ciclo de “Musica no Ar” naceu o ano pasado co fin de levar a música clásica a espazos patrimoniais de toda a provincia.
No caso de Pontecesures, este ciclo de “Música no Ar” traerá ao espazo “Pontecesures cara a Ría” un trío do ensemble Vertixe Sonora, un dos máis prestixiosos de Galicia a nivel internacional, se pensamos en estilo clásico-contemporáneo. Composto por un trío de oboe, fagot e guitarra eléctrica, interpretarán obras de música clásica contemporánea.
Un proxecto de Vertixe Sonora sobre a conexión coa natureza e os cambios de modo para habitar o territorio a través de experimentación sonora e a exploración emocional con obras de Carolyn Cheng e Jessie Merino. Ademáis interpretarán unha peza de estrea mundial.
O acceso será libre ate completar aforo e será necesario cumprir todos os protocolos sanitarios.


Sin Categoria
OBRA DE TEATRO ESTE VENRES DIA 2 DE XULLO
ESTE VENRES 2 DE XULLO A PARTIR DAS 20 H TEREMOS UNHA OBRA DE TEATRO NO CENTRO SOCIAL DO CONCELLO DE PONTECESURES.
A COMPAÑÍA DE TEATRO VAIA TELA ! REPRESENTARÁ A OBRA «SOMOS O QUE VESTIMOS? VESTIMONOS COMO SOMOS?». ONDE SE REPRESENTAN SITUACIÓNS SOBRE O CONSUMO DE ROUPA CHEAS DE HUMOR.
ENTRADA DE BALDE, PARA PUBLICO A PARTIR DOS 12 ANOS.

Sin Categoria
FEIRA «COMERCIO CON SENTIDO».
ESTE VENRES POLA MAÑA ENTRE AS 10 E AS 13 H VEN AO MERCADO DE PONTECESURES A COÑECER OS PRODUTOS DO COMERCIO XUSTO (CAFÉ, CACAO E AZUCAR). TEREMOS UN POSTO INSTALADO NA PRAZA DO COCHE DE PEDRA DO Concello de Pontecesures.

Sin Categoria
Falleció Manuela Seco Laseiras.
A los 88 años de edad falleció el pasado 21 de junio esta vecina de Grobas nº 4 que estaba casada con Ramón Perez Bandín.
Sus restos mortales recibieron sepultura el pasado miércoles en el Cementerio Paroquial de San Xulián.
Descanse en paz.