Acábase de celebrar o 2º sorteo da campaña Pontecesures Proximo.A papeleta agraciada esta semana é a 10197.Dita papeleta foi escollida pola man inocente de Mari Carmen, quen recolleu á sua vez o vale de 250 € por ser a afortuñada ganadora do anterior sorteo, celebrado hai 2 semanas.
Debido á elevada demanda de prazas para o servizo de conciliación de verán e dacordo co recollido nas bases da convocatoria, faise necesario solicitar a todas as persoas que desexen optar a acadar praza para o Campamento de Verán 2021 de Pontecesures a acreditación das circunstancias que xustifiquen a necesidade de conciliar a fin de realizar o proceso de selección e adxudicación de praza e garantir que o obxecto e espírito da iniciativa se cumpren.
A tal fin, todos/as os/as solicitantes, tanto aqueles que xa se teñan inscrito coma os que o soliciten en adiante, deberán achegar á maior brevidade posible e, en calquer caso, antes da data límite para anotarse –25 de xuño-, a documentación que se relaciona a continuación:
– Documentación que acredite a situación laboral (certificado de empresa ou contrato laboral).
– Copia da declaración do IRPF 2020 de todos os membros da unidade familiar (no caso de usuarios non empadroados en Pontecesures, acompañarase do correspondente certificado de convivencia).
Na xornada do MARTES 22 DE XUÑO, debido a obras de mellora na rede de abastecemento de auga, procederáse a un corte no subministro que afectará a todo o pobo de maneira desigual e intermitente con caídas puntuais de presión e corte total.
Este corte afectará:
TODO O TERMO MUNICIPAL DE PONTECESURES.
O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 16.30 ata ás 20.00 horas. Recoméndase a tódolos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.
RECORDATORIO: Mañá venres dia 18 terá lugar as 12 h do mediodia no Salon de Plenos na Casa do Concello o SEGUNDO sorteo da campaña “Pontecesures Próximo”.A entrada será libre ate completar o aforo máximo de 25 persoas.Animamos a que calquer comerciante, hostaleiro, veciñ@ que queira asistir se achegue ate a Casa do Concello para presenciar o sorteo e incluso ser a persoa que extraia a papeleta gañadora de este primeiro vale de 250€.