Nova web para divulgar a ruta marítimo-fluvial da marca Mar de Santiago.

Mar de Santiago elixiu Valga para presentar a páxina web promocional desta marca turística que pon en valor a ruta xacobea marítimo-fluvial e os recursos dos catro concellos polos que discorre: Vilanova, Catoira, Valga e Pontecesures. O acto celebrouse no auditorio municipal coa asistencia do alcalde, José María Bello Maneiro, e dos concelleiros Malena Isorna, Pedro Calvo e Begoña Piñeiro, aos que acompañaron o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, e Laura Villar e Iván Caamaño en representación de Cesures e Catoira. Trátase dunha web moi visual, na que prima a imaxe sobre o texto, na que o visitante pode obter información para as distintas fases da súa viaxe, dende a planificación ata a súa estadía. Seccións coma “Descobre”, “Planifica a túa viaxe” ou “Que ver e que facer” permiten ao internauta coñecer os atractivos que ofrecen os catro concellos que, ademais, contan cun “microsite” no que cada municipio adquire entidade propia e que inclúe información sobre os seus recursos e unha galería fotográfica. A través desta páxina, traducida ao galego, castelán e inglés, trátase de atraer a distintos tipos de visitantes con apartados coma Gastronomía, En familia ou Turismo activo, que ofrecen diferentes alternativas de ocio.

El Correo Gallego

REGULACIÓN DO CORTE DO TRÁFICO RODADO PARA O FIN DE SEMANA DOS DÍAS 5 E 6 DE XUÑO, POLAS OBRAS NA RÚA PORTARRAXOI.

Reanudase no sábado e domingo o tráfico rodado dende a Praza de Pontevedra para acceder ao centro urbán, SO NESE SENTIDO DA CIRCULACIÓN. Non se poderá circular dende a Rúa da Deputación cara á Praza de Pontevedra, nesa saída terá que circularse e dirección ao centro do pobo.

O remate das obras está previsto para a xornada do luns 7 de xuño, na que poderán darse cortes puntuais en ambos sentidos da circulación.

O VINDEIRO VENRES DÍA 11 CINE E POESIA CO PROGRAMA DO XACOBEO «SEMENTEIRA NO CAMIÑO»

O próximo venres día 11, a partir das 19 h na praza de abastos, temos unha dobre cita con cine e poesía. O Programa «SEMENTEIRA NO CAMIÑO», patrocinado polo Xacobeo 21-22 trae ao Concello de Pontecesures pa roxección da película «Al final del Camino», e lectura de poesía a cargo de Cándido Duro, poeta local. Aforo limitado a 40 persoas sentadas. haberá un rexistro de asistencia e toma de temperatura coma medidas preventivas.