
Sin Categoria
PRESENTACION DO PROXECTO TURÍSTICO «MAR DE SANTIAGO» EN FITUR
Na xornada de onte, o Alcalde Juan Manuel Vidal Seage e a Concelleira de Turismo, Laura Villar Matos asitiron en Madrid á presentación do proxecto Mar de Santiago en FITUR.
O Concello de Pontecesures participa neste proxecto no que comparte cos concellos de Vilanova de Arousa, Catoira e Valga.
Xornada na que se contactou con diversos touroperadores coa finalidade de ir plantexando diversas extratexias promocionais do proxecto Mar de Santiago que conta ademáis co apoio da nova web www.mardesantiago.com como canle dixital de promoción dos atractivos culturais, históricos e gastronómicos de este territorio.




Sin Categoria
INICIO DAS OBRAS “REURBANIZACIÓN DA BEIRARRÚA DEREITA DA RÚA DOCTOR MOSQUERA”
Esta semana darán comezo as obras de reurbanización da Beirarrúa dereita da Rúa Doctor Mosquera. Estas obras foron adxudicadas á empresa Nemesio Ordóñez SA (NOSA) por un importe de 105.161,10€ financiados pola Deputación de Pontevedra a través da Liña 1 do Plan Concellos 2019.
A actuación consiste na reurbanización da beirarrúa dereita da Rúa Doctor Mosquera nunha lonxitude de 360 m e coa renovación das redes de abastecemento, pluviais e das luminarias existentes por outras de maior eficiencia enerxética.
Para a execución desta actuación será imprescindible realizar inicialmente un by-pass na Rúa Portarraxoy de Pontecesures que permitirá realizar as obras sen deixar sen servizo de abastecemento aos veciños da zona.
As obras teñen un prazo de execución de 3 meses.



Sin Categoria
REMATE DA OBRA “MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA DO ALUMEADO EXTERIOR NO CONCELLO DE PONTECESURES”
O pasado 12 de maio de 2021 remataron as obras de “Mellora da Eficiencia Enerxética do Alumeado Exterior no Concello de Pontecesures”Este proxecto é sometido ao cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo para un crecemento sostible 2014-2020 e dentro do Obxectivo temático 4, «Favorecer a transición cara a unha economía baixa en carbono en todos os sectores”, co fin de conseguir unha economía máis limpa e sostible.
• Obxecto do proxecto:Renovación de 8 instalacións de iluminación en distintos puntos do Concello de Pontecesures, coa renovación de 195 luminarias.As instalación renovadas son as dos cuadros eléctricos de: Paxareira 30CC, Ullán 38AP, Avda dos Namorados 29, Calera 13AP, Paxareira 27AP, Carlos Maside 41AP, Grobas-Fenteira 0999 e Grobas-Fenteira 0099
• Data de inicio das accións: 16 de decembro de 2019• Data de finalización das accións: 12 de maio de 2021
• Detalle xeral das actuacións realizadas:As accións realizadas son as seguintes:o Substitución de 195 luminarias (162 de 40 W, 27 de 58 W, 6 módulos de adaptación de 40 W).o Renovación de 8 cadros de mandos.o Substitución do cableado aéreo.o Substitución de 17 brazos metálicos que soportan luminarias en postes de formigón e fachada.o Substitución de 15 apoios de formigón.o Retroceso de 3 liñas aéreas apoiadas entre postes de formigón e postes de aceiro, a liña conecta a rede de iluminación aérea en postes de formigón coa rede subterránea.
• Realización dun cruzamento coa rede subterránea existente, construción de 3 bocas de acceso, unha en cada punto de unión, renovación da capa de rodaxe existente.
• Canalización ao poste de formigón máis próximo a 15 m.• Realización dun paso elevado subterráneo e conexión á rede aérea existente (3 unidades).
• Eliminación do palmo entre o poste de formigón e o persoal de aceiro.o Renovación da instalación de conexión a terra da rede aérea (33 unidades)o Instalación de 76 caixas de conexións estancas, substitución de caixas en mal estado.
Esta obra foi adxudicada á empresa ALISEA por un importe de 90.046,99€ dos que o 80% (72.037,59€) foi subvencionado polo Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (I.D.A.E.) do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico e o 20% (18.009,40€) pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2019.A Redacción do Proxecto e a Dirección de Obra foron adxudicados á empresa Estudio Técnico Gallego SL por un importe de 8.228,00€ dos que o 80% (6.582,40€) foi subvencionado polo Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (I.D.A.E.) do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico e o 20% (1.645,60€) pola Deputación de Pontevedra a través do Plan concellos 2019.


Sin Categoria
CAMPAÑA DE VERÁN 2021 (CAMPAMENTOS XUVENÍS DA XUNTA DE GALICIA).

Ao abeiro da Orde do 10 de maio de 2021 da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, saeu publicada no Diario Oficial de Galicia (D.O.G. nº 92 do 19/maio/2021) a oferta de prazas en campamentos xuvenís dentro do Programa “CAMPAÑA DE VERÁN-2021” para rapaces/as de 9 a 17 anos. Este programa consiste en estadías de 1 ou 2 semanas en residencias xuvenís tanto en Galicia como noutras Comunidades Autónomas, durante as cales se realizan diferentes actividades, tanto de ocio e lecer como didácticas e deportivas.
O prazo para a solicitude de prazas para estos campamentos é ATA O 28 DE MAIO DE 2021, tendo a disposición de tódolos interesados/as as solicitudes e o resto da documentación na Oficina Municipal de Información Xuvenil na Casa do Concello.
Os interesados/as en participar nestos campamentos poden obter máis información na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) do Concello de Pontecesures (Teléf.: 986 56 44 10). Máis información na web da Xunta de Galicia, no seguinte enlace: