O vehículo foi un BMW de cor negro, guiado polo xove E.M.V. veciño de Confurco-Padrón. Ía con outra persoa a noite da colisión.
O coche está a ser reparado nun taller de Raxoi-Valga e as pescudas policiais deron resultado localizando a Garda Civil de Valga a este xove nesta tarde.
O conductor presentouse logo na tardiña de hoxe na Casa do Concello, manifestando que asumía tódolos gastos.
Este concelleiro quere agradecer o labor realizado tanto pola Garda Civil de Valga como pola Policía Local de Pontecesures para identificar ó causante destes danos.
LUIS ANGEL SABARIZ ROLÁN