Identificado na tarde de hoxe o conductor que derrubou a farola da rúa Rosalía de Castro na madrugada do domingo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O vehículo foi un BMW de cor negro, guiado polo xove E.M.V. veciño de Confurco-Padrón. Ía con outra persoa a noite da colisión.
O coche está a ser reparado nun taller de Raxoi-Valga e as pescudas policiais deron resultado localizando a Garda Civil de Valga a este xove nesta tarde.
O conductor presentouse logo na tardiña de hoxe na Casa do Concello, manifestando que asumía tódolos gastos.
Este concelleiro quere agradecer o labor realizado tanto pola Garda Civil de Valga como pola Policía Local de Pontecesures para identificar ó causante destes danos.

LUIS ANGEL SABARIZ ROLÁN


2 comentarios

Cara de cona · 1-12-2007 a las 19:14

Sabariz será un bocazas pero fixo a denuncia e recuperou os cartos para o concello, mentres o Baliñas que lle atacou no pleno durmía pola mañá…Repítoche Saba non te molestes que a xente non valora nada…Angueira coas cuchipandas a cargo dos cartos da chatarra, papando cos coleguis na de Gómez a conta de todos nós, viaxando co gasoil de mogollón, metendo a todo cristo a dedo e pagando favores de todo tipo a esgalla…quitou cinco…A xente dalle o mesmo…a ignorancia é a rama dos manipuladores de masas…

Terabyte · 1-12-2007 a las 19:38

Con diferentes caretas xa o temos dito eiquí «CdC»:
?»A xente dalle o mesmo?a ignorancia é a rama dos manipuladores de masas».

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.