O pasado mes de agosto, saltou a noticia de que John Pino volvía a vesti-la camiseta do C.B Pontecesures. Foi unha fichaxe sorpresa, e foi presentado por Fruki como o xogador que debía de conducir ó equipo senior de baloncesto ó ansiado ascenso. Foi tal o éxito mediático no pobo, que incluso o número de socios aumentou espectacularmente, máis se cabe despois de escoitar as declaracións de John Pino o día da súa presentación, nas que prometía 20 puntos por partido…
Dous meses despois a relidade e ben distinta. John Pino acusou na pretempada a súa inactividade e apenas dou encontrado o forma. Despois veu a súa feliz voda con Pili, novo parón de quince días e voltar a comezar. Pero o certo é que dende que voltou xa pasaron 20 días, e Pino, o xogador estrela presentado con fotos e firma de contrato por Sr. Rodriguez Fructuoso, segue sen aparecer e por suposto de vinte puntos, nada de nada.
Agora comeza a tempada de verdade para C.B Pontecesures. Logo de tres partidos (2 victorias e unha derrota) dun xogo lamentable, penoso e aburrido, cuns xogadores cansados e vido a menos, no que non se salva ningún, incluido o adestrador, o baloncesto cesureño necesita a xente como John Pino, un xogador gañador, un valor seguro. Por iso o équipo espera a volta, o retorno do auténtico Pino. Agora ben, esperamos que Pino se de conta que os partido se gañan falando menos e xogando máis, e por suposto metendo máis de un punto por partido.
¿Ou ó final vai a ver que respescar o retirado Nacho, que ese si que xogaba e non falaba?