El área recreativa de la desembocadura del Sar en estado lamentable.

Los aparatos de juego y ejercicio del área recreativa van camino de quedar tapados

ux

El Concello de Padrón tiene previsto empezar entre hoy y la próxima semana el acondicionamiento del área recreativa de la desembocadura del río Sar en el Ulla, una zona con especial concurrencia al ser de paseo diario para muchos vecinos. Lo cierto es que falta le hace el acondicionamiento pese a que, según confirma el concejal de Servicios, José Ramón Pardo, fue limpiada hace alrededor de un mes.

Aún así, la hierba crecida lo invade todo e incluso esconde alguno de los aparatos de juego del parque infantil y los de ejercicio físico, además de las mesas y bancos que hay en el área.

Por ello, son muchos los que se quejan de cómo está la zona. «Ao Concello sempre lle pasa o mesmo con este sitio», dice un vecino que, de vez en cuando, pasa en bicicleta por la zona. Lo dice en alusión a que no es el primer año que el área recreativa está invadida por la hierba, que tanto crece en este tiempo.

«Coa xente que ven por aquí todos os días é unha pena que non estea máis coidada», añade otra caminante habitual de la zona. Así, la hierba alta cubre parte de los aparatos de juego infantil y también los de ejercicio físico.

El concejal José Ramón Pardo reconoce que el estado en el que está el área recreativa «é algo de todos os anos porque é imposible ter ben todas as zonas do concello. Neste tempo descontrólase todo», dice. En este sentido explica que hace un mes se acondicionó todo y que se volverá a hacer de nuevo, primero con un tractor y la máquina remolcada, a la que seguirá la que tiene brazo antes de enviar personal para acabar mano. Para ello, añade, está previsto realizar la contratación anual de operarios que corresponde a los Concellos.

NOVOS CURSOS DA DEPUTACION DE PONTEVEDRA «TIC EMPRENDES – O RURAL TEN FUTURO».

Dirixidos a mozos/as de 16 a 30 anos que actualmente non estean estudando ou traballando.

ACCIÓNS A DESENVOLVER:

Formación gratuita en aula virtual:

👉 Aplicacións móbiles (APPS)

👉 Contidos dixitais: imaxe, video e videoxogos

👉 Tendas on line

👉 Competencias dixitais en ofimática

👉 Marketing dixital

👉 Community Manager

Formación gratuita en aula virtual e sesións presencias (con axuda nas sesións presenciais)

👉 Guía de itinerarios ó aire libre

👉 Operario de xestión loxística e dixital dun almacén (con módulo de Carretillero).

PRESENTACION DO PROXECTO TURÍSTICO «MAR DE SANTIAGO» EN FITUR

Na xornada de onte, o Alcalde Juan Manuel Vidal Seage e a Concelleira de Turismo, Laura Villar Matos asitiron en Madrid á presentación do proxecto Mar de Santiago en FITUR.

O Concello de Pontecesures participa neste proxecto no que comparte cos concellos de Vilanova de Arousa, Catoira e Valga.

Xornada na que se contactou con diversos touroperadores coa finalidade de ir plantexando diversas extratexias promocionais do proxecto Mar de Santiago que conta ademáis co apoio da nova web www.mardesantiago.com como canle dixital de promoción dos atractivos culturais, históricos e gastronómicos de este territorio.

INICIO DAS OBRAS “REURBANIZACIÓN DA BEIRARRÚA DEREITA DA RÚA DOCTOR MOSQUERA”

Esta semana darán comezo as obras de reurbanización da Beirarrúa dereita da Rúa Doctor Mosquera. Estas obras foron adxudicadas á empresa Nemesio Ordóñez SA (NOSA) por un importe de 105.161,10€ financiados pola Deputación de Pontevedra a través da Liña 1 do Plan Concellos 2019.

A actuación consiste na reurbanización da beirarrúa dereita da Rúa Doctor Mosquera nunha lonxitude de 360 m e coa renovación das redes de abastecemento, pluviais e das luminarias existentes por outras de maior eficiencia enerxética.

Para a execución desta actuación será imprescindible realizar inicialmente un by-pass na Rúa Portarraxoy de Pontecesures que permitirá realizar as obras sen deixar sen servizo de abastecemento aos veciños da zona.

As obras teñen un prazo de execución de 3 meses.

REMATE DA OBRA “MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA DO ALUMEADO EXTERIOR NO CONCELLO DE PONTECESURES”

O pasado 12 de maio de 2021 remataron as obras de “Mellora da Eficiencia Enerxética do Alumeado Exterior no Concello de Pontecesures”Este proxecto é sometido ao cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo para un crecemento sostible 2014-2020 e dentro do Obxectivo temático 4, «Favorecer a transición cara a unha economía baixa en carbono en todos os sectores”, co fin de conseguir unha economía máis limpa e sostible.

• Obxecto do proxecto:Renovación de 8 instalacións de iluminación en distintos puntos do Concello de Pontecesures, coa renovación de 195 luminarias.As instalación renovadas son as dos cuadros eléctricos de: Paxareira 30CC, Ullán 38AP, Avda dos Namorados 29, Calera 13AP, Paxareira 27AP, Carlos Maside 41AP, Grobas-Fenteira 0999 e Grobas-Fenteira 0099

• Data de inicio das accións: 16 de decembro de 2019• Data de finalización das accións: 12 de maio de 2021

• Detalle xeral das actuacións realizadas:As accións realizadas son as seguintes:o Substitución de 195 luminarias (162 de 40 W, 27 de 58 W, 6 módulos de adaptación de 40 W).o Renovación de 8 cadros de mandos.o Substitución do cableado aéreo.o Substitución de 17 brazos metálicos que soportan luminarias en postes de formigón e fachada.o Substitución de 15 apoios de formigón.o Retroceso de 3 liñas aéreas apoiadas entre postes de formigón e postes de aceiro, a liña conecta a rede de iluminación aérea en postes de formigón coa rede subterránea.

• Realización dun cruzamento coa rede subterránea existente, construción de 3 bocas de acceso, unha en cada punto de unión, renovación da capa de rodaxe existente.

• Canalización ao poste de formigón máis próximo a 15 m.• Realización dun paso elevado subterráneo e conexión á rede aérea existente (3 unidades).

• Eliminación do palmo entre o poste de formigón e o persoal de aceiro.o Renovación da instalación de conexión a terra da rede aérea (33 unidades)o Instalación de 76 caixas de conexións estancas, substitución de caixas en mal estado.

Esta obra foi adxudicada á empresa ALISEA por un importe de 90.046,99€ dos que o 80% (72.037,59€) foi subvencionado polo Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (I.D.A.E.) do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico e o 20% (18.009,40€) pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2019.A Redacción do Proxecto e a Dirección de Obra foron adxudicados á empresa Estudio Técnico Gallego SL por un importe de 8.228,00€ dos que o 80% (6.582,40€) foi subvencionado polo Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (I.D.A.E.) do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico e o 20% (1.645,60€) pola Deputación de Pontevedra a través do Plan concellos 2019.