CAMPAÑA DE VERÁN 2021 (CAMPAMENTOS XUVENÍS DA XUNTA DE GALICIA).

Ao abeiro da Orde do 10 de maio de 2021 da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, saeu publicada no Diario Oficial de Galicia (D.O.G. nº 92 do 19/maio/2021) a oferta de prazas en campamentos xuvenís dentro do Programa “CAMPAÑA DE VERÁN-2021” para rapaces/as de 9 a 17 anos. Este programa consiste en estadías de 1 ou 2 semanas en residencias xuvenís tanto en Galicia como noutras Comunidades Autónomas, durante as cales se realizan diferentes actividades, tanto de ocio e lecer como didácticas e deportivas.

O prazo para a solicitude de prazas para estos campamentos é ATA O 28 DE MAIO DE 2021, tendo a disposición de tódolos interesados/as as solicitudes e o resto da documentación na Oficina Municipal de Información Xuvenil na Casa do Concello.

Os interesados/as en participar nestos campamentos poden obter máis información na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) do Concello de Pontecesures (Teléf.: 986 56 44 10). Máis información na web da Xunta de Galicia, no seguinte enlace:

http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran

 BASES CAMPAÑA VERÁN 2021 (Diario Oficial de Galicia do 19/05/2021)
 FOLLETO COMPLETO CAMPAÑA DE VERÁN 2021
 

ESTE VINDEIRO DOMINGO DIA 23 DE MAIO CONCERTO DE ROI CASAL

RECORDANSE AS MEDIDAS PARA ESTE CONCERTO:

Coa finalidade de garantir a maior seguridade fronte á Covid-19 para o público asistente ao concerto van tomarse as seguintes medidas:

• É obrigatorio o uso da máscara en todo momento, ademáis disporase de dispensadores de xel hidroalcólico e diversos puntos.

• Todo o público será sometido na entrada a un control de temperatura. Non se permitirá o acceso a quen presente febre por enriba dos 37,5ºC. e deberán indicar os seus datos persoais (nome e tfno móvil) para elaborar o preceptivo rexistro de asistentes a eventos públicos.

• A entrada e saída deberá facerse de xeito ordenado. Recoméndase acudir coa maior marxe de tempo que sexa posible.

• O público debe atender en todo momento ás indicacións realizadas polo personal de Vixilancia Municipal.

• O aforo do “Espazo Cara a Ría” será reducido para garantir a distancia de seguridade entre espectadores. O público deberá ocupar os asentos asignados.

Agradecer a toda a veciñanza o cumprimento estricto das medidas anteriormente expostas.