O comezo do proceso selectivo será o vindeiro día dezaseis (16) de xuño ás 9:00 horas no Espazo Cara á Ría, onde deberán presentarse todos os aspirantes admitidos/as.
Sin Categoria
BANDO REGULADOR PARA AS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN 2021 EN PONTECESURES.

Prazo para a comunicación das fogueiras de San Xoán 2021 ata o 23 de xuño ás 14.00 horas.
Sin Categoria
Nova web para divulgar a ruta marítimo-fluvial da marca Mar de Santiago.

Mar de Santiago elixiu Valga para presentar a páxina web promocional desta marca turística que pon en valor a ruta xacobea marítimo-fluvial e os recursos dos catro concellos polos que discorre: Vilanova, Catoira, Valga e Pontecesures. O acto celebrouse no auditorio municipal coa asistencia do alcalde, José María Bello Maneiro, e dos concelleiros Malena Isorna, Pedro Calvo e Begoña Piñeiro, aos que acompañaron o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, e Laura Villar e Iván Caamaño en representación de Cesures e Catoira. Trátase dunha web moi visual, na que prima a imaxe sobre o texto, na que o visitante pode obter información para as distintas fases da súa viaxe, dende a planificación ata a súa estadía. Seccións coma “Descobre”, “Planifica a túa viaxe” ou “Que ver e que facer” permiten ao internauta coñecer os atractivos que ofrecen os catro concellos que, ademais, contan cun “microsite” no que cada municipio adquire entidade propia e que inclúe información sobre os seus recursos e unha galería fotográfica. A través desta páxina, traducida ao galego, castelán e inglés, trátase de atraer a distintos tipos de visitantes con apartados coma Gastronomía, En familia ou Turismo activo, que ofrecen diferentes alternativas de ocio.
El Correo Gallego
Sin Categoria
Menos parados en Pontecesures.
A finales de abril había 218 empleados en Pontecesures inscritos en las oficinas de empleo. A finales de mayo la cifra pasó a ser de 205.