O CLUB NÁUTICO PONTECESURES OURO E PRATA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE XÓVENES PROMESAS

Duas deportistas do Club Náutico Pontecesures no mais alto do piragüismo nacional. Natalia Varela Cepeda, campiona; Nerea Novo Romero, subacampiona no Campionato de España que ven de celebrarse este fin de seman no Lago de Banyoles (Girona). Grandísimas deportistas con excelentes resultados. O Club Náutico Pontecesures segue a apostar polo traballo dende as categorias base e os resultados falan por si solos. Noraboa as estas campionas e ao resto do equipo polos grandes resultados. Parabéns tamén para todos os deportistas, adestradores, directivos e patrocinadores e a todos os pais e nais e seguidores do traballo do clube. Dende o Club Náutico Pontecesures seguiremos loitando cada día pola saúde e os valores que aporta o deporte á nosa mocidade.

VISITA DO DELEGADO DA XUNTA EN PONTEVEDRA

Na mañá de onte recibimos a visita do Delegado da Xunta en Pontevedra, Luís López Dieguez, e o delegado de Infraestructuras da Xunta, para falar das subvencións aos concellos destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración.Entre outros asuntos comentamos a problemática que xa vimos arrastrando durante tanto tempo no que se refire as canalizacións de saneamento que verten directamente ao río Ulla e que agardamos poder empezar a dar pasos en firme a fin de mellorar a imaxe do noso río e en definitiva da nosa fachada portuaria no marco das inversións que se están levando a cabo para visibilizar o potencial turístico da nosa vila.Tamén aproveitamos para amosarlle a Praza de Abastos e a Casa da Lamprea, da que confesou ser un gran apaixonado…