
http://iviewpoint.eu/es/miradores/22/PINO-MANSO
Coa poda de formación e mantemento no Miradoiro do Pino Manso poñemos, polo momento, remate ás melloras en este entorno tan emblemático do noso pobo. Como novidade incluíuse un panel interactivo adaptado a usuarios con diversidade funcional onde os visitantes e veciños teñen acceso a material gráfico e locucións en castelán, galego e inglés sobre a historia e lugares de Pontecesures.
Para iso, instalouse unha mesa panorámica tecnolóxica accesible no miradoiro onde o visitante pode interpretar, co seu Smartphone, os recursos naturais e patrimoniais máis destacados da contorna, a través de textos e elementos multimedia como fotografías, audios ou vídeos. O sistema permite ao visitante ademáis facer unha navegación dende o miradoiro ata ao recurso que lle interese, compartir información, ver os recursos sobre un mapa.
O Miradoido do Pino Mando douse de alta na rede de miradoiros iViewpoint, proxecto que conta co apoio do Ministerio de Cultura e que ten como obxectivo xeral a creación dunha rede de miradoiros tecnolóxicos musealizados, potenciando a súa promoción a través da Web e as redes sociais mediante experiencias interactivas e inmersivas.