El gasto para la recuperación de la vía romana número XIX, que dio origen a Pontevedra, se limitará de momento a 102.000 euros. De esta cifra, 30.000 euros se dedicarán a la limpieza de los tramos de Pedra Picada en San Salvador de Lérez y del trayecto Lombo de Maceira en el Ayuntamiento de Barro.
Concello
Deficiencias nas obras de canalización do gas na Avda. de Vigo.
O sábado día 2 de setembro este concelleiro da ACP comunicoulle á alcaldesa en funcións Maribel Castro que a empresa que está a facer as canalizacións do gas na Avda. de Vigo ó repoñer as lousas da beirarrúa soltou pola estrada, preto do bordillo, gran cantidade de auga con cemento. Agora apreciase o cemento no firme e ademais en algún sumidoiro de pluviais. Púdose provocar algunha obstrucción das tubarías de saneamento.
O sucedido considérase unha «chapuza» consentida pola nula vixianza municipal.
Solicitouse así a adopción das medidas para que se proceda á limpeza da vía pública e dos sumidoiros por parte da empresa.
Concello
La ACP critica que o goberno municipal non convidase á oposición ós actos de potenciación da Ruta Xacobea Mar de Arousa-Ulla
As 13.35 horas do día 2 de setembro atracou nunha rampla do peirao, co alcalde de Pontecesures na proa, a embarcación na que fixeron a viaxe dende Vilagarcía de Arousa o Director Xeral de Turismo, o Xerente da S.A. do Xacobeo, o Presidente da propia ruta maritimo-fluvial, representantes de varios concellos e outros acompañantes. Apreciei a presenza dos alcaldes de Teo, Rianxo, Boiro, o concelleiro de cultura de Vilagarcía, etc. Tamén viña a bordo a alcaldesa en funcións Maribel Castro e a concelleira Ana Portas, mentres Margarita García Castro e José Antonio Baliñas recibiron á expedición (como eu, aínda que non estaba convidado) no propio peirao.
Concello
SABADO 9 DE SETEMBRO FESTA DA BICICLETA 2006
O Concello de Pontecesures organizou outro ano mais, e coincidindo ca volta ó cole dos cativos, unha nova edición da Festa da Bicicleta. A cita será o vindeiro sábado día 9, e a hora de inicio da mesma a partir das 17.30 h na Plazuela, lugar de saida do percorrido, polo que se recomenda ós participantes estar a partir das 5 da tarde na Plazuela.
Esta Festa ten un caracter puramente lúdico, non habendo ningún tipo de competición, senón que se trata de dar un paseo por Pontecesures «escoltados» por Proteccion Civil e a Policia Local, para non ter problemas co tráfico de vehículos.
Ademais colabota na organización desta Festa a Deputacion provincial, ca entrega dunha serie de obsequios que se fan nun sorteo ó rematar a carreira, así coma os trofeos para os participantes mais novos e de mais idade.
Xa o sabedes, animádevos a participar.
Concello
Carta íntegra de Sabariz a Anxo Quintana sobre discriminación política na selección de persoal.
O pasado 14 de agosto tivo lugar na casa do concello de Pontecesures a entrevista para seleccionar un conserxe para edificios para 8 meses (programas de fomento do emprego da Consellería de Traballo) e foi enviada unha relación pola Oficina de Emprego de Vilagarcía de 6 traballadores/as residindo unicamente en Pontecesures unha delas.
Sorprendentemente non foi seleccionada ningunha e o alcalde o propio 14 solicitou á Oficina de Emprego mais candidatos para complementar o listado (ampliación do sondeo). Como práctica xeral nestes casos sempre foi seleccionada a candidata residente no municipio para fomentar o emprego no mesmo e valorando que para ser conserxe precísase coñecer o termo municipal.
Na Prensa
Aprueban una moción para tirar das orellas al alcalde por no asistir a los plenos
Los grupos de la oposición de Pontecesures (PSOE, PP y ACP) aprobaron una moción en la que la alcaldesa en funciones (IP) se abstuvo y el BNG se opuso, en la que propone dar un tirón de orejas simbólico al alcalde por no asistir a los plenos y para que planee mejor sus vacaciones y no obstruya el funcionamiento de las sesiones .
Al portavoz socialista, ?scar Gerpe Rodríguez, no le parece de recibo que el alcalde falte a dos plenos alegando que está de vacaciones y piensa que la coincidencia de sus días de descanso con los de pleno no parecen una simple casualidad , sobre todo cuando se pretendía dar cuenta de los acontecimientos del último mes en el que se quemó el noventa por ciento de la masa forestal del municipio. (más…)