PREMIOS DO CONCURSO DE ENTROIDO VIRTUAL DE PONTECESURES 2021

INFANTIL INDIVIDUAL:

1º Hugo Fernández Cotón co disfraz de troglodita, con 562 “me gusta”, 60 €

2ª Cayetana Lorenzo Brea co disfraz de nena con globos, con 296 “me gusta”, 30 €

3º Brais Tarrío Portas co disfraz de neno con cabalo, con 264 “me gusta”, 20 €

INFANTIL PARELLA:

1º Noa e Breixo co disfraz da familia Mármol, con 237 “me gusta”, 80 €

2ª Enma e Laura Jamardo co disfraz de Bella Durmiente, con 230 “me gusta”, 50 €

ADULTOS INDIVIDUAL:

1º Brais Figueira Buceta co disfraz de libro, con 140 “me gusta”, 60 €

2ª Manuel Castrelo Codesido co disfraz tik tok bailando, con 94 “me gusta”, 30 €

ADULTOS PARELLA:

1º Amelie e Guido co disfraz de obreras, con 73 “me gusta”, 80 €

GRUPOS CONVIVENCIA:

1º Beatriz Pérez Agrasar co disfraz de familia de rojo, con 88 “me gusta”, 150 €

2º Elisa Iglesias co disfraz de familia mimo, con 67 “me gusta”, 100 €

AVISO: CAN ATOPADO.

Dende o Departamento de Vixilancia e Seguridade deste Concello, no día de hoxe foi xestionado coa Canceira «Can» de Pontevedra, a recollida e traslado de cadela raza «husky», dado que o animal foi atropelado quedando gravemente ferido. Dito animal carece de «microchip». Aquela persoa que resulte propietaria do animal, dispón de 10 días para a súa reclamación.

Morreu David Mariño Silva.

Aos 89 anos de idade, finou o pasado sábado este veciño do Camiño do Regadío que estaba casado con Avelina Eitor Grela. Hoxe luns, despois do funeral na Igrexa de Pontecesures, os seus restos mortais recibiron sepultura no cemiterio parroquial de San Xulián.

Descanse en paz.