Falleció Felipe Simón Casal Vieites.

En la madrugada del 15 al 16 de noviembre, falleció en Madrid este vecino de San Xulián, de 49 años de edad, militar de profesión. Mañana 18 de noviembre, a las 11:30 horas tendrá lugar el funeral «corpore insepulto» en la Iglesia de Pontecesures. Luego, sus restos mortales serán incinerados en la intimidad familiar.

Descanse en paz

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS: AVISO DE CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA PARA O MÉRCORES 18 DE NOVEMBRO.

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS

AVISO

Na xornada do MÉRCORES 18 DE NOVEMBRO procederáse a un corte na rede de subministro de auga, debido a obras de mantemento.

Este corte afectará as rúas:

– Rúa Tarroeira.

– Rúa Redondo.

– Rúa Doctor Mosquera.

– Barrio de Condide.

– Rúa do Ensanche.

– Pista Regadío-Paxareira.

– Avenida de Arousa.

– Rúa Carlés.

No resto do pobo notaranse pérdidas de presión e turbidez na auga. Tamén, puntualmente, perda do subministro.

O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 08.30 ata ás 14.00 horas. Recoméndase a tódolos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.

RESTAURACIÓN DA BANDEIRA E DA ACTA DA LIGA DE AMIGOS DO CARMEN.

Esta semana recibimos a visita de unha técnico do Museo de Pontevedra para valorar a restauración da bandeira da Liga de amigos do Carme e a Acta da entrega de dita bandeira.

Ambos símbolos teñen unha importante relevancia para o pobo de Pontecesures, e unha vez solicitada á Deputación asistencia técnica para a sua restauración, o Servizo de Atención Intermunicipal (SAIM) confirmou a disposición de persoal especializado do Museo para levar a cabo a restauración de ambos emblemas cesureños.

A bandeira da Liga de amigos do Carmen foi traída dende A Habana no ano 1912 polo presidente da “Sociedad Hijos de Puentecesures” na Habana e o apoderado do Centro Gallego, José Llerena Braña donada polos cesureños residentes en Cuba.

Na acta de donación aparecen nomes como Bandín, Temperán, Carrera, Magariños, Mosquera, Abalo e Llerena, os mesmos que máis tarde fixeran un donativo para a adquisición do “Gabinete de Física y Química” da Escuela Graduada.

De máis recente aparación foi a Acta fundacional, cedida hai un par de anos por descendentes da familia Llerena, un dos asinantes daquel primeiro documento e que estaba gardada na caixa forte do Concello á espera de conseguir persoal técnico que puidese devolverlle o seu aspecto orixinal.

A pretensión do Concello de Pontecesures é, unha vez restaurados, expoñer ambos emblemas no Salón de Plenos da Casa do Concello para poder ser contemplados por toda a veciñanza.