Cinco personas resultaron heridas tras colisionar frontalmente dos turismos este jueves, a las 16.30 horas en el vial AG-11, que conecta la entrada padronesa de la autopista AP-9 con la Autovía do Barbanza. Y hasta allí, en Paraño, acudieron en cuestión de minutos efectivos del GES de Padrón, que excarcelaron a una mujer. Fueron un Mercedes verde y un Peugeou 306 los que chocaron de forma aparatosa, en una jornada con chubascos y sin que trascendiera cual de los dos vehículos invadió el carril contrario. El suceso provocó retenciones, y fueron particulares los que alertaron del choque. También se dio aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Policía Local, Guardia Civil de Tráfico y al servicio de mantenimiento de esa vía de circulación. Al parecer, no había padroneses entre los contusionados.
O pasado mes de agosto solicitaba o Concello de Pontecesures a mellora da sinalización no vial de titularidade provincial denominado Avenida dos Namorados, motivado polos camións de gran tonelaxe que erróneamente levados polo GPS interpretaban esta vía como acceso á factoría da Nestlé, provocando serios inconvenientes na seguridade da vía ao non ser posible facer cambio de sentido para ditos vehículos. Estes días a Deputación de Pontevedra ten colocado nova sinalización vertical que agardamos que poña fin á problemática que víñamos sufrindo. Dende o Concello de Pontecesures agradecemos á Deputación de Pontevedra o interese e a celeridade na resolución do problema.
A concelleira de Cultura e o alcalde de Pontecesures (esquerda) xunto aos deputados de Cooperación e Infraestruturas.
O Camiño de Santiago ao seu paso polo centro urbano de Pontecesures transformouse nun espazo seguro grazas ás obras financiadas pola Deputación de Pontevedra nas rúas do Castro e da Infesta, actuación enmarcada dentro do plan provincial DepoRemse. Os traballos foron adxudicados por 187.968 euros e onte foron visitados polos deputados de Cooperación e Infraestruturas, Santos Héctor e Gregorio Agís, acompañados do alcalde, Juan Manuel Vidal, así como da concelleira de Cultura, o de Obras e o arquitecto municipal.
Ambas rúas, de case 1,5 quilómetros, forman parte do trazado do Camiño ao paso pola vila do Ullán e “presentan unha forte densidade de poboación”, sinalan dende o ente provincial. Ademais dos seus valores patrimoniais e urbanísticos, acollen importantes dotacións públicas, como no caso da rúa Infesta, onde se sitúa o pavillón municipal de deportes e o colexio público de Pontecesures, onde están matriculados 360 escolares. Trátase dunha actuación que tanto Santos Héctor como Agís cualificaron de “completamente satisfactoria, que cumpre cos obxectivos marcados, contendo o tráfico, protexendo ao peón e resaltando o patrimonio do Camiño de Santiago”.
Os deputados felicitaron ao Concello por ter elaborado este proxecto e polo resultado final e manifestaron o orgullo da Deputación por colaborar “nas transformacións urbanas a escala humana, como é esta, iniciativas que encaixan nun modelo que apoiamos e defendemos”. O alcalde, Juan Manuel Vidal, suliñou que é de agradecer o papel que está a xogar a Deputación, “por cumprir tan ben o labor de apoio aos concellos pequenos, facendo posibles obras que doutro xeito serían inviables”, explicou.
A reforma das rúas do Castro e da Infesta deseña un ámbito de prioridade peonil cun pavimento continuo de formigón coloreado con bandas de granito. Os camiños contan agora con sinalización axeitada, regulando adecuadamente tanto a circulación rodada como o aparcamento. Ademais, a actuación serviu para renovar todos os servizos de saneamento, abastecemento e pluviais e creou unha canalización de reserva para futuros servizos.
A contorna tamén quedou dotada de bancos, árbores e xardineiras. Con esta actuación, apuntan dende a Deputación, quedaron solucionados os problemas que existían nas dúas rúas, derivados da sección irregular, delimitada polas vivendas e a discontinuidade no deseño dos pavimentos.
No dia de onte unha persoa extraviou unha carteira que contén unicamente documentación de empresa. Foi nas inmediacións da estación do tren de Concello de Pontecesures. En caso de que calquera veciño/a a atope, sua propietaria roga a entregue nas oficinas do Concello de Pontecesures, ou ós vixiantes municipais.