Os socialistas cesureños apoian á hostalería local.

Nestes momentos máis ca nunca, estamos cos traballadores e traballadoras do sector da hostalería que tanto están padecendo, como moitos outros, os efectos da pandemia. A agrupación socialista de Pontecesures quere dar o seu apoio a hostalería local. Pedimos que mudemos por uns meses os nosos costumes.

👉Consumir nos locais do pobo

👉 Pedir para levar para casa.

👉 Adiantar a hora da cea

👉 Cumplir as normas de hixiene, máscara e distancia de seguridade#SaiamosTodosXuntos#EmpatiaCoaNosaHostaleria

Consignación simbólica en los presupuestos del Estado para la variante Pontecesures/Valga.

Si aparecer con nombres y apellidos en los presupuestos de una Administración contribuye a dar seguridad sobre la ejecución de las inversiones comprometidas, el territorio de Arousa no sale bien parado de la propuesta de presupuestos generales del Estado que ayer presentó el Gobierno presidido por Pedro Sánchez. Los municipios de la comarca solo aparecen como tales en dos epígrafes. Se trata de Cambados, Valga y Pontecesures, estos dos últimos sumergidos en un mismo proyecto. Su cuantía conjunta se limita a 110.000 euros a desarrollar el año que viene.

La actuación que concentra la práctica totalidad de esta magra cifra es la circunvalación de Valga y Pontecesures, una intervención que corre a cargo del Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana. El departamento de José Luis Ábalos reserva cien mil euros para la variante, cuyo trazado ha generado un intenso debate en el Baixo Ulla. Se trata de una sola anualidad, que probablemente se destine a la redacción definitiva del proyecto, porque, obviamente, una intervención así requerirá una inversión mucho más importante.

La Vozde Galicia

ANUNCIO ORAL CONCELLO DE PONTECESURES:EXPOSICIÓN PÚBLICA DOS PADRÓNS E DAS LISTAS COBRATORIAS DAS TAXAS E PREZOS PÚBLICOS.

Taxas e prezos públicos correspondentes ao ano 2020 polos servizos de Recollida Lixo, Sumidoiros, Cemiterios, Entrada Vehículos e Reserva Aparcamento.

Prazo de exposición do 30 de outubro ata o 29 de novembro.

Prazo de pago en período voluntario do 30 de outubro ata o 30 de decembro.

 ANUNCIO ORAL EXPOSICIÓN E COBRO DE PREZOS PÚBLICOS 2020.

Recuperouse un tren máis en cada sentido.

O dia 27 do mes que andamos mudaron os horarios dos trens no corredor atlántico. Pois ben, recuperouse outro tren que tiñamos antes do estado de alarma de marzo pasado. En concreto é o que sae de Pontecesures ás 19:33 horas para Santiago (enlaza alí con outro con dirección Á Coruña) e o que sae de Pontecesures para Vilagarcía, Pontevedra e Vigo ás 20:33 horas.

Deste xeito contamos en Pontecesures cos seguintes servizos de trens:

Saídas para Vilagarcía, Pontevedra e Vigo: 6:34; 11:03; 13:48; 16:52; 20:13 e 20:33 horas. (Os sábados, domingos e festivos non circula o primeiro da mañá).

Saídas para Santiago e Á Coruña: 6:16; 10:54; 13:39; 16:11; 19:33 (este con transbordo en Santiago) e 21:40 horas. (Os sábados, domingos e festivos non circula o primeiro da mañá).

Hai que seguir insistindo para que volvan a circular os trens que perdemos coa pandemia (catro máis en cada sentido). Fundamental é recuperar antes de nada o que saía para Santiago sobre ás 8 da mañá e o que saía de Santiago para Pontecesures sobre ás 22 horas.