Importante en Ponteceures: El Parlamento impulsa la reversión a los Concellos de terrenos portuarios.

El pleno del Parlamento de Galicia ha aprobado una proposición no de ley presentada por el PSOE para «pedirlle á Xunta que habilite a reversión aos concellos dos terreos de titularidade portuaria que deixen de ter uso para os portos». A pesar de la aprobación de dicho texto, antes de la votación hubo debate. Durante el mismo, el diputado socialista Julio Torrado tachó de «falaz» el argumento esgrimido por el PP de que «a Xunta xa está traballando nisto cando a realidade é que en 2017 non o incorporaron á lexislación, en 2018 rexeitaron unha proposta semellante na Comisión de Pesca. Agora teñen presentada no Parlamento unha iniciativa vaga e imprecisa, que resulta imposible de entender».

A juicio del diputado socialista, «os vaivéns do PP evidencian que o goberno galego está en contra desta medida, o que é lexítimo, pero o problema é que falan e prometen moi ben pero cumpren moi mal». Y eso que hay «moitísimas solicitudes de reversión dos terreos que se negan porque a Xunta o que quere é cobrar e cobrar». La problemática en este ámbito se concentra, dijo Torrado, en tres zonas: O Salnés, la Costa da Morte y A Mariña «e curiosamente coincide con alcaldías que non son do PP».

En la comarca de O Salnés es paradigmático, por ejemplo, el caso de O Grove, que lleva años reclamando a Portos que efectúe mejoras en la explanada de O Corgo. Pero en ese punto, como en otros, dice Torrado, Portos «cobra, pero solo cobra, ninguén fai mantemento, ninguén limpa, arranxa as beirarrúas ou repara as farolas que perden luz». A ello hay que sumar la problemática de «terrazas que teñen taxas e normativas distintas dun lado e outro da rúa».

Desde el punto de vista de los socialistas, esta es una «cuestión administrativa» que acaba convirtiéndose en un problema para muchas esferas de al vida cotidiana en la Galicia costera, en la que «actividades deportivas, culturais ou comerciais teñen que pagar elevadas cotas para desenvolverse nuns terreos que serían moito máis asequibles de ser titularidade dos concellos». Y por ello reclamó «vontade política para acadar unha solución» que beneficie a los ayuntamientos afectados.

La Voz de Galicia

Cinco heridos tras chocar dos turismos en el vial padronés que enlaza la AP-9.

Cinco personas resultaron heridas tras colisionar frontalmente dos turismos este jueves, a las 16.30 horas en el vial AG-11, que conecta la entrada padronesa de la autopista AP-9 con la Autovía do Barbanza. Y hasta allí, en Paraño, acudieron en cuestión de minutos efectivos del GES de Padrón, que excarcelaron a una mujer. Fueron un Mercedes verde y un Peugeou 306 los que chocaron de forma aparatosa, en una jornada con chubascos y sin que trascendiera cual de los dos vehículos invadió el carril contrario. El suceso provocó retenciones, y fueron particulares los que alertaron del choque. También se dio aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Policía Local, Guardia Civil de Tráfico y al servicio de mantenimiento de esa vía de circulación. Al parecer, no había padroneses entre los contusionados.

El Correo Gallego

O alcalde de Pontecesures agradece a sinalización da rúa Deputación.

O pasado mes de agosto solicitaba o Concello de Pontecesures a mellora da sinalización no vial de titularidade provincial denominado Avenida dos Namorados, motivado polos camións de gran tonelaxe que erróneamente levados polo GPS interpretaban esta vía como acceso á factoría da Nestlé, provocando serios inconvenientes na seguridade da vía ao non ser posible facer cambio de sentido para ditos vehículos.
Estes días a Deputación de Pontevedra ten colocado nova sinalización vertical que agardamos que poña fin á problemática que víñamos sufrindo.
Dende o Concello de Pontecesures agradecemos á Deputación de Pontevedra o interese e a celeridade na resolución do problema.

Juan Manuel Vidal Seage

Pontecesures presume de itinerario peonil seguro.

A concelleira de Cultura e o alcalde de Pontecesures (esquerda) xunto aos deputados de Cooperación e Infraestruturas.

O Camiño de Santiago ao seu paso polo centro urbano de Pontecesures transformouse nun espazo seguro grazas ás obras financiadas pola Deputación de Pontevedra nas rúas do Castro e da Infesta, actuación enmarcada dentro do plan provincial DepoRemse. Os traballos foron adxudicados por 187.968 euros e onte foron visitados polos deputados de Cooperación e Infraestruturas, Santos Héctor e Gregorio Agís, acompañados do alcalde, Juan Manuel Vidal, así como da concelleira de Cultura, o de Obras e o arquitecto municipal.

Ambas rúas, de case 1,5 quilómetros, forman parte do trazado do Camiño ao paso pola vila do Ullán e “presentan unha forte densidade de poboación”, sinalan dende o ente provincial. Ademais dos seus valores patrimoniais e urbanísticos, acollen importantes dotacións públicas, como no caso da rúa Infesta, onde se sitúa o pavillón municipal de deportes e o colexio público de Pontecesures, onde están matriculados 360 escolares. Trátase dunha actuación que tanto Santos Héctor como Agís cualificaron de “completamente satisfactoria, que cumpre cos obxectivos marcados, contendo o tráfico, protexendo ao peón e resaltando o patrimonio do Camiño de Santiago”.

Os deputados felicitaron ao Concello por ter elaborado este proxecto e polo resultado final e manifestaron o orgullo da Deputación por colaborar “nas transformacións urbanas a escala humana, como é esta, iniciativas que encaixan nun modelo que apoiamos e defendemos”. O alcalde, Juan Manuel Vidal, suliñou que é de agradecer o papel que está a xogar a Deputación, “por cumprir tan ben o labor de apoio aos concellos pequenos, facendo posibles obras que doutro xeito serían inviables”, explicou.

A reforma das rúas do Castro e da Infesta deseña un ámbito de prioridade peonil cun pavimento continuo de formigón coloreado con bandas de granito. Os camiños contan agora con sinalización axeitada, regulando adecuadamente tanto a circulación rodada como o aparcamento. Ademais, a actuación serviu para renovar todos os servizos de saneamento, abastecemento e pluviais e creou unha canalización de reserva para futuros servizos.

A contorna tamén quedou dotada de bancos, árbores e xardineiras. Con esta actuación, apuntan dende a Deputación, quedaron solucionados os problemas que existían nas dúas rúas, derivados da sección irregular, delimitada polas vivendas e a discontinuidade no deseño dos pavimentos.

El Correo Gallego