Morreu Marcelino Limeres Rodríguez.

Aos 86 anos de idade finou este veciño de San Xulián que foi taxista moitos anos en Pontecesures. O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón e mañá mércores 23 de setembro, ás 11 horas, terá lugar o funeral na Igrexa de Pontecesures. De seguido, os restos mortais recibirán sepultura no camposanto parroquial de San Xulián.

Descanse en paz.

Falleció «Tino» Cristobo Boga.

El pasado 18 de septiembre, a los 57 años de edad, falleció Faustino Cristobo Boga, que trabajó muchos años en la oficina de seguros «Susavila» de Pontecesures (rúa San Lois).

Sus restos mortales recibieron sepultura el pasado sábado en el cementerio parroquial de San Vicente de Cespón (Boiro).

Descanse en paz

NOVAS SOBRE A RENOVACION AUTOMÁTICA DA TARXETA DE DEMANDANTE DE EMPREGO ATA O 31 DE DECEMBRO DE 2020.

Co obxectivo de favorecer ás persoas demandantes de emprego e evitar desprazamentos innecesarios, a RENOVACION AUTOMÁTICA da demanda ESTENDERASE ATA O VINDEIRO 31 de DECEMBRO de 2020.

No mesmo senso, Emprego Galicia seguirá a fomentar e ampliar os seus servizos non presencias, a través do Portal de Emprego Galicia (emprego.xunta.gal), a Oficina virtual e a aplicación para teléfonos móbiles Mobem. Se coidas que necesitas apoio no uso das ditas ferramentas, non dubides en solicitar, na túa oficina de emprego ou ao teu persoal orientador, o programa de titorización dixital. Para garantir un adecuado control de aforo e organizar de forma axeitada os servizos á cidadanía, a atención presencial en oficinas de emprego realizarase exclusivamente a través do sistema de cita previa. As citas poderán solicitarse a través do Portal de Emprego Galicia, da Oficina virtual ou da aplicación Mobem. Consulta na nosa canle de Youtube os vídeos informativos sobre estes servizos!: https://www.youtube.com/EmpregoGaliciaTV

Para o caso de necesitar máis información contacta co 012 (981 900 643) ou co teléfono da túa oficina de emprego: (http://emprego.xunta.es/buscador-oficinas).