OFERTA DE EMPREGO EN PADRÓN

A empresa de traballo temporal EUROFIRM busca para un contrato de 2 a 4 meses a un TECNICO DE MANTENEMENTO INDUSTRIAL, para traballar en Padrón.

Imprescindible Formación de Grado Medio – Grado Superior en Electromecánica, ou outra rama relacionada co Mantenemento Industrial.
2 años de experiencia.
Horario: de 7 a 15 h.

Link á oferta:

https://secure.eurofirms.es/jobs/oferta/padron/tecnico-de-mantenimiento-industrial/170-001324

Xavier Senín, un dos nosos mestres da tradución ao galego.

O pleno da Real Academia Galega ven de facer xustiza. Onte nomeou a Xavier Senín membro correspondente desta entidade, faro do noso eido cultural. Ben coñecido polo seu traballo nas páxinas de EL CORREO, este fillo de Pontecesures, é unha das figuras máis destacadas na tradución ao galego, con máis de cento cincuenta volumes publicados en numerosas editoriais. Mesmo para lectores cativos que adultos, os ollos, o agarimo e os coñecimentos deste intelectual fixeron posible, por exemplo, os álbums de Astérix, e clásicos como O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha. Hoxe onde a cultura é máis necesaria que endexamais para dese xeito atopar xanelas para resistir neste tempos negros, que persoas (e non persoeiros) traballadoras do noso como Senín acaden distincións e unba boa nova que cumpre celebrar.

El Correo Gallego