Superávits dos concellos: O alcalde en contra do fallido real decreto gubernamental.

O Congreso votará este xoves o polémico Real Decreto “tramado” pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) presidida por Abel Caballero e o Ministerio de Facenda, o cal chantaxea aos concellos que estamos saneados e temos superávit a final de ano para que lle entreguemos ao executivo de Pedro Sánchez os nosos remanentes, o diñeiro aforrado polo Concello , os aforros de toda a veciñanza de Pontecesures de xeito unilateral e sin consenso cos alcaldes. En Pontecesures contamos con un remanente de máis de 1.600.000€, un dos máis elevados da comarca, que pretenden expoliar dende o goberno central e que, de ser así, nos impedirá seguir facendo o noso traballo, que non é outro que ofrecer os mellores servizos e atender as necesidades d@s Cesureñ@s@.

Juan Manuel Vidal Seage

Os socialistas de Pontecesures piden máscaras para o alumnado.

Co obxecto de iniciar o curso do xeito máis seguro, solicitamos ao goberno municipal de Pontecesures que merque máscaras de protección para a súa distribución entre o alumnado do CPI. Ademais, esta medida suporá un grande alivio económico para as familias, que de seguir as pautas recomendadas, deberían facer fronte a un desembolso mensual de 60 euros por nen@. Preferiblemente, as máscaras deberían ser reutilizables, xaquelogo o aforro sería maior e ademáis sería unha medida máis sostible ecoloxicamente.

Socialistas de Pontecesures

REINICIO DA ACTIVIDADE NA PISTA POLIDEPORTIVA DO MUELLE.

A partir deste venres, día 11 de setembro, todas as veciñas e veciños de Pontecesures poderedes disfrutar das instalación deportivas situadas ó final muelle, recentemente reformadas e onde estreamos a nova pista de pádel.

O recinto permanecerá aberto para todos aqueles usuarios que querades facer deporte e vida sana, aproveitando tamén o bo tempo.

Para reservar turno  na pista de pádel ou para o empréstito da rede de tenis, podes chamar ás oficinas do Concello en horario de atención ao público, de luns a venres de 9.00h a 14.00h.

Pregamos fagades un uso responsable das instalacións e o seu equipamento, que son de todos e todas.