Morreu Josefa García Otero.

Aos 93 anos de idade, morreu esta veciña de Redondo 62, viúva de José Tilve Hermida. O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón e hoxe ás 19 horas terá lugar o funeral na Igrexa Parroquial de Pontecesures. Os restos mortais recibirán logo sepultura no Cemiterio Municipal de Condide.

Descanse en paz.

OFERTA DE EMPREGO

A empresa ULLASAR con oficina en Padrón, busca persoas interesadas en traballar no servicio de Axuda no Fogar, para a atención de persoas dependentes ou con algunha necesidade de apoio. Sería para prestar servicios nos Concello da zona, Pontecesures, Dodro e Padron.
Requisitos a ter en conta para valorar;- Formación no sector (Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en domicilios; Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institución; Técnico en coidados auxiliares de enfermeiría, ….)- Algunha experiencia no sector.- Permiso de conducir e vehículo propio.- Habilidade para traballar en equipo.
Poñerse en contacto coa empresa a través do seguinte contacto na sua web:

https://ullasar.com/contacto

Rivas propón en Padrón medidas para incentivar o comercio de proximidade.

O candidato do BNG, terceiro pola esquerda, na praza de abastos.

O cabeza de lista do BNG pola provincia da Coruña, Xosé Luís Rivas, defendeu en Padrón medidas para incentivar o comercio deproximidade e impulsar o consumo de produtos locais para reactivar a economía das cidades e vilas galegas.

Acompañado da concelleira nacionalista en Padrón, Bea Rei, o concelleiro en Dodro,Xoán Bautista, e membros do BNG da comarca; o candidato nacionalista visitou apraza de abastos e comercios da vila onde mantivo encontros cos propietarios epropietarias dos negocios .

Rivas destacou as vantaxes do pequeno comercio, as prazas e os mercados, praza de abastos e comercios da vila onde mantivo encontros cos propietarios epropietarias dos negocios .

Rivas destacou as vantaxes do pequeno comercio, as prazas e os mercados“con produtos frescos e galegos”. Mercados, dixo, que precisan apoio e incentivos. Insistiu na necesidade de seguir poñendo en marcha a rehabilitación dos mercados e a peatonalización de espazos públicos que favorezan a actividad comercial.

El Correo Gallego