Na asemblea que tivo lugar o sábado día 14 do mes que andamos resultou elixido presidente, Manuel Meniño Couselo. En breve será publicada a relación dos integrantes da xunta directiva que tamén resultaron elixidos na mesma asemblea.
O alcalde popular Juan Manuel Vidal Seage, con catro concelleiros na
Corporación de Pontecesures tras gañar as eleccións municipais do
pasado 26 de maio, reeditou un tripartito que lidera xunto cas
formacións Terra Galega, con Ángel Souto como representante único, e
Independentes de Pontecesures (IP), figurando Isabel Castro como edil. É
dicir: trátase das mesmas forzas políticas que encabezaron a moción de
censura que desbancou ao BNG hai tres anos. Agora, a tenente de alcalde e
concelleira de Educación, Laura Villar (PP), despexa horizontes.
Que salientaría desta nova etapa no equipo de goberno?
Dende que me presentei por primeira vez nunha lista electoral, hai xa
nove anos, moito ten mudado a niña situación. De participar dende a
segunda liña política por aquel entón ata que o actual alcalde me
propuxo para ser tenente de alcalde ten sido un camiño ilusionante e de
continua aprendizaxe. De calquera xeito, cada día sigo a aprender
importantes leccións dende as miñas responsabilidades no actual
executivo municipal.
Turismo, Educación, Igualdade, Deportes… Moitas áreas de goberno cunha gran responsabilidade, non?
Efectivamente, son responsabilidades de goberno onde necesariamente o corpo a corpo
se converte en primordial e se teñen vivencias e contacto continuo
cunha porcentaxe moi importante da poboación de Pontecesures. Por unha
banda, un tecido deportivo moi amplo, con necesidades diversas e
apremiantes, un colectivo estudiantil numeroso e concentrado nunhas
instalacións con melloras necesarias e, por outra, moitas veces a
faciana máis amarga, tamén se coñecen os dramas que a cotío se agochan
no día a día.
Destaque algunhas actuacións previstas dentro das competencias que vostede ten no executivo.
Neste inicio de lexislatura estanse a levar a cabo notables melloras
en eidos tan importantes como as instalacións deportivas e educativas
(vestiarios do campo de futbol, inicio do proceso de licitación do
proxecto de ampliación do Clube Náutico, reforma integral no CPI
Pontecesures, melloras na gardería municipal…) as cales serán, sen
dúbida, xunto co remate doutras que xa están en marcha, motivo de
satisfacción para os veciños e os usuarios das citadas instalacións.
Que valores considera que priman nos mozos?
A educación é un dos piares fundamentais da sociedade e é por isto
que no noso concello, que conta cunha elevada porcentaxe de poboación
infantil e xuvenil, queremos incidir en complementar a ensinanza de
calidade que reciben os cativos con formación en valores tan básicos
como importantes, como o son, por exemplo, a igualdade ou o respecto.
Estamos a programar una serie de xornadas de concienciación para abordar
esta temática, así como a do ciberacoso e a seguridade en materia
virtual (debido á crecente relevancia e ao grande interese que estes
ámbitos suscitan neste sector poboacional).
Considera o turismo como un motor necesario para o desenvolvemento da bisbarra do Ullán no que se encontra a localidade?
Os vindeiros anos marcarán a diferenza entre aqueles concellos que
sexan capaces de adaptarse ós novos requerimentos que o turismo demanda e
os que non consigan facelo. A situación estratéxica de Pontecesures non
pode pasar inadvertida, e non o fará. Certo é que estamos intentando
superar certos atrancos burocráticos que están retrasando algún proxecto
no que levamos traballando un tempo, por exemplo os pantaláns de pasaxe
para a nova fachada fluvial, pero máis pronto que tarde coidamos que se
farán realidade. Agardamos tamén poder acometer melloras na
sinalización do Camiño Portugués ó seu paso polo pobo e editar material
promocional que nos permita acudir a feiras e eventos de difusión dos
valores turísticos e gastronómicos cun mínimo de recursos.
Por último, ten algún detalle que poida anticipar do evento local, a Festa da Lamprea?
O vindeiro ano celébrase o 25 aniversario da Festa da Lamprea, e estamos deseñando unha serie de actividades promocionais e formativas que potencien e den visibilidade a esta festividade tan arraigada xa nos calendarios gastronómicos e tan importante para a economía e promoción locais.
Son 20 municipios de las provincias de Lugo, A Coruña y Pontevedra, Tienen en común la presencia del río Ulla y trabajan para la creación de una asociación que impulse el desarrollo turístico conjunto. La alianza, de la que forman parte Vilagarcía, Catoira, Valga y Pontecesures, avanzó esta semana, con una fructífera reunión celebrada en Teo. La siguiente cita, que servirá para afinar en la redacción de los estatutos, tendra lugar en breve en la capital arousana.
Los Bomberos y el Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Valgasofocaron esta mañana un incendio declarado en el punto limpio de Valga.
El
fuego empezó sobre las 12 del mediodía en el departamento donde se
almacenan los residuos de televisores y otros aparatos electrónicos, y causó una densa humareda negra que causó mucha alerta entre los vecinos.
La
zona en la que empezó el incendio está cerrada por tres de sus
laterales con chapas, y en la cuarta por una rejilla metálica. A falta
de que se concrete la investigación del siniestro, los primeros indicios apuntan a que el fuego fue intencionado.
La rápida actuación del GES de Valga y de los Bomberos, que desplazaron sus unidades desde los parques de Ribadumia y Vilagarcía, permitió controlar las llamas en apenas media hora.
El fuego no afectó a otras zonas del punto limpio. Fue apagado con agua, y posteriormente se enfrió la zona quemada con espuma.
El punto limpio se encuentra en una zona apartada de la parroquia de Campaña, a unos 500 metros de las viviendas más próximas.