
ESTE SÁBADO, 27 DE XULLO, AS 20 H. 2º CONCERTO DE «MUSICA ENTRE NÓS 2019», A CARGO DOS MÚSICOS DE MUSIVAL DE VALGA. SERÁ NA RÚA CARLÉS.
ESTE SÁBADO, 27 DE XULLO, AS 20 H. 2º CONCERTO DE «MUSICA ENTRE NÓS 2019», A CARGO DOS MÚSICOS DE MUSIVAL DE VALGA. SERÁ NA RÚA CARLÉS.
O Alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, e a Concelleira de Educación, Laura Villar, mantiveron unha xuntanza na Delegación da Xunta de Galicia en Pontevedra co Delegado de Educación César Augusto Pérez Ares co fin de analizar as obras de mellora que se van levar a cabo no CPI Pontecesures.
Unha vez recibida a autorización de Patrimonio, o Concello de Pontecesures concedeu licencia de obra para que as melloras se inicien coa maior premura posible, a fin de que na medida en que avancen a bo ritmo as obras por parte da empresa adxudicataria éstas interfiran o menos posible no inicio do novo curso académico.
Tamén se reuniron coa dirección do CPI para coordinar os traballos de mellora nos cales colaborará o personal de obras do concello á hora de organizar o acopio dos materiais das aulas para facilitar os traballos de pintado e pulido das mesmas.
O importe das obras supera os 850.000 € e algunha das obras previstas son a mellora da eficiencia enerxética con substitución de ventás, radiadores, cambio de luminarias etc. así como reparación de aseos, pulido ou cambio dos solos e mellora nas cubertas entre outros.
Aos 94 anos de idade morreu o veciño de Porto, Andrés Limeres Limeres, viúvo de Aurelia Portas Pesado. O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón e mañá mercores 24 de xullo, ás 19 horas, terá lugar o funeral «Corpore Insepulto» na Igrexa de Pontecesures. De seguido, os restos mortais recibirán sepultura no Camposanto Parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.
Prazo de presentación de solicitudes e creacións ata o 30 de agosto de 2019.
BASES RESUMIDAS DESTA CONVOCATORIA.
BASES COMPLETAS NO DIARIO OFICIAL DE GALICIA DO 22 DE XULLO DE 2019.