RESULTADO DA VALORACION DO XURADO DO V CONCURSO DE TAPEA LAMPREA 2019.

O resultado da valoración efectuada polo xurado foi a seguinte:

1º Premio: CASA CHAVES coa tapa LAMPREA PEREGRINA.

2º Premio: BAR CARABELA coa tapa GYOZAS DE LAMPREA.

3º Premio: A CASA DO RIO coa tapa TIMBALIÑO DE LAMPREA.

MENCIÓN ESPECIAL do xurado a mellor PREPARACIÓN TRADICIONAL para o establecemento: BELSAY coa tapa LAMPREA Á BORDALESA ESTILO BELSAY.

¡¡¡ PARABENS A TODOS OS ESTABLECEMENTOS PARTICIPANES NESTA V EDICIÓN DO CONCURSO !!!

(Adxúntase a acta emitida polo xurado)

RESULTADO DO CONCURSO TAPEA LAMPREA E DO SORTEO DOS CHEQUES REGALO

Esta mañá celebrouse o reconto das votacións dos locais participantes no concurso “Tapea lamprea”, co seguinte resultado para os 3 primeiros postos:

CASA CHAVES ………………………………………….              42 VOTOS.

A CASA DO RIO…………………………………………              25     “

RESTAURANTE  O CANDIL…………………………….         18    “

Posteriormente procedeuse o sorteo entre todos os participantes de 3 premios, resultando gañadores:

3º Premio (Vale por importe de 20 €) Jesús Rubines Bustelo.

2º Premio (Vale por importe de 30 €) Ana Elvira Sánchez Pereira.

1º Premio: (Vale por importe de 50 €) José Crego.

A entrega de premios está prevista para o vindeiro martes 30 de abril as 12 do mediodia na casa do concello.


A Casa de Rosalía expón dous novos cadros de Ovidio Murguía.

A Casa de Rosalía de Castro, en A Matanza, no concello de Padrón, presentou esta mañá dous novos cadros e unha paleta de Ovidio Murguía, fillo da escritora e de Manuel Murguía. As novas incorporacións foron presentadas polo presidente da fundación rosaliana, Anxo Angueira, e o director xeral de Políticas Culturais da Xunta, Anxo Lorenzo. 

A Casa tamén presentou as últimas melloras técnicas incorporadas a súa museoloxía, como cambios na iluminación das pezas ou a instalación de filtros nos cristais das xanelas para amortecer os raios ultravioletas.  

En canto aos novos cadros de Ovidio Murguía adquiridos o ano pasado a unha familia de A Coruña pola Fundación Rosalía de Castro, datan do ano 1895, un deles titúlase Labrando a terra e o outro Paisaxe galega con figura. A fundación tamén mercou unha paleta pintada polo fillo de Rosalía de Castro, ao tempo que expuso ao público outra peza que xa tiña nos seus fondos: un oléo sobre azulexo titulado A flor. 

Tanto o azulexo pintado, como os dous cadros e a paleta proceden, seguramente, segundo explicou a fundación, das pezas vendidas polas fillas da escritora en 1935 nunha exposición realizada na Asociación de Artistas de A Coruña, entidade da que formaba parte a pintora María Corredoyra, que fai a doazón do azulexo. 

O presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, explicou que a entidade continúa co seu traballo de modernización e mellora da casa, pero tamén de patrimonilzación, en alusión a velar polas pezas que teñen que ver coa escritora a e a súa familia, así como de dalas a coñecer. Angueira agradeceu o apoio da Consellería de Cultura a labor da fundación. 

Pola súa banda, o director xeral de Políticas Culturais expresou a intención da Xunta de seguir colaborando con esta fundación e con outras de autoras para que poidam incrementar os seus fondos e, neste caso, tamén para mellorar aspectos relacionados coa casa e o seu exterior. 

La Voz de Galicia