Axudas da Consellería de Educación da Xunta de Galicia publicadas no Diario Oficial de Galicia nº 96 do 23 de maio de 2017.
Prazo de Solicitude ata o 23 de xuño de 2017.
Sin Categoria
Pouco orixinal o logo da Praza de Abastos segundo os socialistas cesureños.
Visto o NOVO LOGO da Praza de Abastos de Pontecesures, non parece que sexa moi orixinal…
Socialistas de Pontecesures
Sin Categoria
O socialistas dous días antes do Festival das Letras Galegas criticaron a falla de información sobre o mesmo.
Parece ser que o sábado se desenvolverá en Pontecesures o tradicional Festival do Día das Letras Galegas; parece ser que nel participarán os grupos locais Algueirada e Xarandeira; parece ser que haberá otros dous grupos invitados; parece ser que antes da actuación na Plazuela haberá un pasarrúas… Dicimos parece ser, porque hoxe, só dous días antes, nin hai cartel nas rúas do pobo nin anuncio na web oficial do Concello.
Socialistas de Pontecesures
Sin Categoria
O BNG de Pontecesures critica que o cartel do Festival das Letras Galegas saíse de véspora.
Parabéns ó noso equipo de goberno que foi quen de, onte ó mediodía, publicar o cartel do Festival das Letras Galegas que se celebrará hoxe.
Magnífica campaña de promoción e divulgación das xa de por si escasas actividades culturais que se desenvolven no noso concello.
BNG Pontecesures
Sin Categoria
A Fundación Rosalía e Martín Veiga reciben o Pedrón.
O Padroado da Fundación Pedrón de Ouro concede este ano o seu premio principal Fundación Rosalía de Castro, que hoxe o vai recoller precisamente na casa da poeta en Padrón. No caso do Pedrón de Honra 2017, o padroado recoñece o labor do profesor e poeta Martín Veiga, director do Centro Irlandés de Estudos Galegos da Universidade de Cork.
A Fundación Pedrón de Ouro destaca da tamén Fundación Rosalía que «historicamente foi un refuxio da actividade cultural galeguista, como demostrou durante anos coa celebración da misa de Rosalía en San Domingos de Bonaval o 25 de xullo, organizada polo Padroado, único acto público no que se consentía a lingua galega».
O Pedrón de Ouro premia tamén os setenta anos da fundación do Padroado Rosalía de Castro e salienta que nos últimos anos levou a cabo unha importante modernización museográfica. E no caso do Pedrón de Honra, a fundación distingue a personalidade que fóra da terra destaque polas súas achegas ao engrandecemento de Galicia e da súa cultura.
La Voz de Galicia