Padrón abriu o prazo do premio Camilo José Cela dotado con 1.500 euros.

O Concello de Padrón vén de convocar o Premio Literario Camilo José Cela, dotado con 1.500 euros. O certame é un dos máis consolidados no panorama das letras nacionais e chega neste 2022 á súa trixésimo segunda edición. Foi creado polo Concello en 1989 como homenaxe perpetua á figura humana e literaria do escritor, Premio Nobel de Literatura ese mesmo ano. Trátase, en palabras do alcalde, Antonio Fernández, “dun acto de xustiza con Cela, unha persoa que levou o nome da vila por todo o mundo”. Esta edición conta ademais co aliciente de celebrarse no vixésimo cabodano do pasamento do novelista, e o 80 aniversario de La familia de Pascual Duarte. Os participantes deben enviar obras orixinais e inéditas dunha extensión entre os 12 e os 25 folios, escritas en galego ou en castelán. O prazo finaliza o 15 de xullo. 

El Correo Gallego

Anxo Angueira o admirador de Rosalía de Castro.

ADMIRADOR INCANSABLE. Este ano e por primeira vez, celebrase o aniversario de Rosalía de Castro (o 185) o 23 de febreiro, cambio anunciado no mes de xaneiro pola Fundación que facíase eco, deste xeito, do recente descubremento por parte da investigadora Sagrario Abelleira que corrixiu a data de nacemento da escritora galega máis universal. No en vano en máis dunha ocasión, o presidente da Fundación Rosalía de Castro, e admirador indiscutible da poetisa, Anxo Angueira, ten dito dela que “é unha figura con dimensións infinitas, tantas que non damos acabado de estudala”. Para Angueira, é fundamental a modernización e a actualización da imaxe da escritora, e a elo adica todo o seu esforzo. Por elo, cando chega o aniversario, vólcase en programar actos por toda Galicia para manter viva na memoria colectiva a figura da cantora do Sar.

El Correo Gallego

Una empresa de Valga, distinguida por su innovación en la fachada de Balaídos y el Hospital Cunqueiro.

Zona Franca distingue a la compañía Lema que sigue innovando en los recubrimientos

La empresa Lema, responsable de fachadas singulares en Vigo como la azul ondulada del estadio municipal de Balaídos, la tornasolada del Hospital Álvaro Cunqueiro, la gris metalizada del Auditorio Mar de Vigo o la de la comisaría recibió hoy la visita del delegado de Zona Franca, David Regades. También trabajaron en el proyecto de la nave H, de la que es licitador el propio Consorcio de la Zona Franca. La empresa ha hecho fachadas con unos 16.000 metros cuadrados. Lema ha recibido este año dos Indicadores Ardán, como empresa bien gestionada y de alta productividad.

David Regades destacó «el trabajo de empresas punteras como Lema, que basan su trabajo en la innovación y ofrecen soluciones tan vanguardistas como la del estadio de Balaídos, con esa fachada ondulada en azul que lo hacen tan singular y reconocible en cualquier imagen, a la altura de instalaciones como la del Guggenheim». El delegado estuvo acompañado por la concejala de Valga María Ferreirós. 

La compañía Lema, con sede en Valga, cumple este año su 45 aniversario con un amplio bagaje de soluciones innovadoras, tanto para edificios públicos, como para industrias y edificación privada.

Así, tiene en su haber multitud de fachadas ventiladas de inmuebles por toda Galicia, también soluciones para la industria que ya ha aplicado a concesionarios de automóviles por toda la comunidad, conserveras, instalaciones de empresas como Coren, así como centros comerciales como Marineda City y hoteles como el Galicia Palace de Pontevedra. También centros públicos como el Colegio Alborada de Vigo o el Hospital de Conxo.  

Entre sus últimas innovaciones está la chapa trenzada, que permite su uso para obras de decoración en industrias y en edificación; así como los paneles con perforación artística, que permiten ofrecer cualquier tipo de imagen a través de la microperforación.

La Voz de Galicia

Fallece a los noventa y siete años la viuda de «Borobo», Carlota Paz.

Carlota Paz Barreiro, viuda del escritor y periodista Raimundo García Domínguez, Borobó, falleció este viernes a los 97 años. La capilla ardiente está instalada en la sala Toural del complejo funerario Apóstol Santiago, frente a la entrada principal del cementerio de Boisaca. Este sábado se oficiará una misa por su eterno descanso a las once y media de la mañana en la capilla de dicho complejo, y seguidamente sus restos mortales serán incinerados en la intimidad familiar. La noticia de su fallecimiento causó una gran consternación en Boiro, donde residió. En el año 2013, coincidiendo con el décimo aniversario de la muerte de su esposo, Carlota Paz plantó un árbol en memoria de Borobó en el Parque de la Comunicación, en Boiro, en el marco de un homenaje que incluyó una ofrenda floral en el cementerio de Pontecesures.

El Correo Gallego

A Casa Rosalía recibiu 44.000 visitas virtuais nos últimos tres meses.

A Casa Rosalía recibiu máis de 44.000 visitas virtuais nos últimos tres meses. O sistema activouse con motivo do 50 aniversario da apertura da Casa-Museo de Rosalía de Castro, que se celebrou o pasado mes de xullo, e fixose en catro linguas. Para a Fundación, o número de usuarios confirma “como un éxito, a iniciativa”. Así, desde xullo o percorrido inmersivo plurilingüe colleitou máis de 44.000 visitas, a maioría das cales proceden de Google Maps (43.309), dado que está integrado na plataforma. O resto, 866, a través da páxina web da Casa-Museo. Os datos proceden do propio Google e da plataforma que soporta o sistema, Matterport. A duración media do percorrido é de 5 minutos e 20 segundos, e por linguas, a máis visitada é a opción galega, cun 74 %, seguida do inglés (14%), español (11%) e o francés (1%).

A Casa Museo de Rosalía está na área da Matanza, no municipio de Padrón.

El Correo Gallego

O Museo Casa de la Troya divulgará a figura do cesureño, Manuel Otero Acevedo.

O Museo Casa de la Troya recrea a pensión de estudantes e a vida universitaria de Santiago de finais do século XIX que inmortalizou Alejandro Pérez Lugín na súa novela La Casa de la Troya, cuxa primeira edición –con capa ilustrada por Castelao– data do ano 1915. Nestes tempos de pandemia, coa mobilidade limitada, o museo quere achegarse a toda Galicia a través do ciclo A Troya en ruta, en particular ás localidades vencelladas cos personaxes da novela, en colaboración coa Deputación da Coruña.

O ciclo arranca este sábado, 27 de marzo, no Casino de Carballo. Ás 19.00 horas proxectarase o documental A Compostela de La Casa de la Troya, centrada no mundo troyano, de media hora de duración, que se estreaba en 2018 coincidindo co 25º aniversario da apertura do museo. A entrada é libre ata completar o aforo. A través deste ciclo búscase ademais divulgar a figura de persoas que estiveron ligadas á novela e ao seu tempo como Manuel Casás, de A Coruña; Camilo Bargiela, de Tui; Javier Puig, de Pontevedra; Manuel Otero Acevedo, de Pontecesures… E procurarase facer nas localidades vencelladas ás biografías de cada un deles.

Despois da proxección do documental no Casino de Carballo manterase un coloquio co público asistente sobre a figura de Enrique Labarta Pose, estudante en Santiago, natural de Baio (Zas), que aparece na novela de Lugín como o personaxe de Casimiro Barcala. Presentarao o vicepresidente do Padroado da Casa de la Troya, Juan Carlos Díaz. Intervirán o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; o director de Arraianos Producións, Aser Álvarez; o actor do documental Suso Martínez; e do director do Museo Casa de la Troya, Benigno Amor.

O documental está dirixido por Aser Álvarez e Benigno Amor, filmado por Nacho Santás e nel actúan Suso Martínez e Jaime Amor. Benigno Amor é o presidente da Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos, entidade que xestiona o museo. Explica que “se trata dunha viaxe aos tempos de La Casa de la Troya, a novela de Pérez Lugín. Manolito Casás, personaxe da novela, aparéceselle a un neno na Casa de la Troya e lévao a facer un percorrido polas rúas de Compostela, lembrando os seus anos de universitario”.

Recolle a historia desta casa tan vencellada aos universitarios e á capital galega. Situada en pleno casco histórico da cidade, desde 1886 ata 1906, a Casa de la Troya comezou como hospedaxe de estudantes rexentada por Doña Generosa. Nela aloxábase o personaxe principal da novela de Lugín, Gerardo Roquer, e os seus compañeiros de estudos. Abriu como museo en 1993, xestionado pola Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos.

O relato mestúrase con intervencións como a do exalcalde de Santiago, Xerardo Estévez; Darío Villanueva, o exdirector da Real Academia Española e exreitor da Universidade de Santiago; Encarna Otero, profesora de Historia e exconcelleira; José María Fonseca, antigo tuno e presidente de Bodegas Terras Gauda; Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro; Suso Couceiro, libreiro; e Waldo Caamaño, antigo estudante.

El Correo Gallego