Cerca de cuarenta niños asisten a la Escola de Verán de Baloncesto en Valga.

Cerca de cuarenta niños asisten a la Escola de Verán de Baloncesto en Valga
Grupo de participantes en la actividad deportiva estival.

Un grupo de casi cuarenta niños participaron esta semana en la Escola de Verán de Baloncesto, promovida por el club Río Ulla con la colaboración del Concello. Las sesiones de entrenamiento, que se desarrollan en el pabellón municipal de Baño, comenzaron el martes y se prolongarán hasta finales del mes de agosto. “O obxectivo é ofrecer aos rapaces durante o verán alternativas relacionadas coa actividade deportiva para motivalos a practicar,  neste caso baloncesto, pero tamén outras disciplinas e evitar o sedentarismo, cada vez máis extendido entre os nenos”, destaca Serafín Maneiro “Finso”, directivo y entrenador del club Río Ulla. “O importante é que fagan deporte e estean activos”, añade.

La actividad de conciliación estival cuenta con la participación niños de edades muy dispares, de entre 7 y 13 años, “algúns xa levan anos xogando ao baloncesto de forma federada, pero outros é a primeira vez que collen un balón” y con ellos se desarrolla un trabajo de iniciación para que conozcan este deporte y se aficionen a él.

Diario de Arousa

Éxito do I Torneo de Nadal das Basquetscolas, organizado polo Concello de Catoira e o Club de Baloncesto Río Ulla.


No torneo participaron as nenas e nenos das escolas de baloncesto de Cuntis, Padrón, Pontecesures e Catoira, resultando un éxito de asistencia, tanto da rapazada como de público.
Ao finalizar os encontros, o Presidente do CB Río Ulla, Juan Otero, a Concelleira de Obras, Vanesa Pérez, o Concelleiro de Deportes, Raúl G. Pato, e o Alcalde de Catoira entregaron cadanasúa medalla ás e aos participantes do Torneo.
O Concello de Catoira quere agradecer ao CB Río Ulla e máis a todas escolas que tomaron parte no torneo a súa implicación no evento.

Concello de Catoira

Mellora de dotacións no pavillón de Pontecesures.

O pavillón polideportivo, ten novas proteccións para as canastras de mini basket, redes, un aro novo dunha canastra que estaba rota, estanterías para a organización da roupa e novos enchufes no cuarto do material.
O Concelleiro de Deportes Alberto Rivas, e o presidente do CB Rio Ulla, Juan Bautista Otero, estiveron no Polideportivo Municipal na entrega deste material, e valorando a situación do clube neste inicio de temporada
Queremos agradecer a labor de promoción do deporte que realizan, e parabenizar o crecemento que está tendo o baloncesto local sobre todo na súa base.

Concello de Pontecesures

MELLORAS EN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

O Concello de Pontecesures, logo das melloras que se levaron a cabo na pistas deportivas do peirao, ven de colocar novo equipamento deportivo para mellorar a calidade das instalacións e permitir o axeitado uso de ese espazo de lecer.

Instaláronse 2 porterías de fútbol, 2 canastas de baloncesto e completan a dotación de material 10 percheiros para os vestiarios do campo de fútbol municipal.

O importe total dos equipamentos foi de 6.515,78 €.

Dende o equipo de goberno agardamos que a veciñanza desfrute das melloras dotacionais de estas instalacións.

Nacional Infantil para Sara Liñares

Certificadas as listas definitivas de xogadores e xogadoras que representarán a Galicia nos Campionatos de España de Seleccións. A coincidencia no vindeiro mes de abril dos nacionais de Seleccións en categorías minibasket, infantil e cadete, reunirá en terras andaluzas as nosas seis seleccións para desfrutar e competir ao máximo nivel.

Para este propósito, e chegados hasta aquí tras meses de moito traballo, a Área Deportiva FGB comunica as listas oficiais das diferentes seleccións, agradecendo o compromiso dos clubs e de todos os xogadores e xogadoras que teñen formado parte desta dinámica na presente temporada, e remarcando o traballo do cadro de adestradores que están a guiar este proceso.

A base cesureña Sara Liñares Blanco, iniciada no baloncesto no C.B Río Ulla de Pontecesures e dende o ano 2019 xogadora do Instituto Rosalía Fedesa de Santiago de Compostela foi unha das doce seleccionadas para formar parte do equipo infantil que representará a Galicia no Campionato de España a celebrar na provincia de Huelva do 9 ao 13 de abril.