Parabéns do Concello de Pontecesures para Sasha Pardal e Óliver Martínez.

Publicado por Redacción en

Dende o Concello de Pontecesures queremos dar os parabéns a Sasha Pardal e Óliver Martínez que estiveron xogando para a Selección Galega no X Torneo de Seleccións Minibasket “Concello de Marín”.

É un orgullo que dous rapaces do Club Baloncesto Río Ulla disputen torneos deste calibre. Agradecer todo o traballo que fai o club, adestradores e familias para que teñamos deportistas poñendo a Pontecesures no máis alto.

A seguir traballando, e oxalá poidan estar coa Selección Galega no Campionato de España de Seleccións Autonómicas en Cádiz!.

Concello de Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.