Recollida selectiva de aceites vexetais usados.

Dando cumprimento á Lei 10/1998 de residuos, o Concello de Pontecesures ten en funcionamento dende o ano 2006 un servizo de recollida selectiva de ACEITES VEXETAIS USADOS procedentes de frituras, tanto do ámbeto doméstico como dos establecementos hostaleiros; para evitar que estes residuos sexan verquidos xunto co resto das augas residuais co conseguinte aumento da contaminación.

Este servizo de recollida é levado a cabo pola ASOCIACI�N PLATAFORMA POLO EMPREGO de Santiago de Compostela que recolle os aceites vexetais usados de todo o termo municipal de Pontecesures para a súa valorización posterior nunha planta de biodiesel; e esta recollida NON SUP�N NENG�N COSTE PARA OS VECI�OS.

Por isto recordase a tódolos veciños que a recollida estase a levar a cabo do seguinte xeito:

? Os domicilios particulares: Cada veciño pode levar o seu aceite usado ás instalacións do Concello na nave da Escola Obradoiro sita na Rúa Pousa Antelo (ao lado da Gardería) onde un operario municipal se encargará de recoller o aceite, no caso de estar pechada a instalación é suficiente con deixar o recipiente co aceite vexetal usado a carón da entrada; posteriormente será recollido por persoal do concello para almacenalo ata a súa recollida por parte da ASOCIACI�N PLATAFORMA POLO EMPREGO. Teléfono de información da nave Escola Obradoiro: 616 349 175.

? Os establecementos hostaleiros (bares, restaurantes): A Asociación Plataforma polo Emprego lles suministra un recipiente que logo eles mesmos recollen no propio establecemento cunha periodicidade acordada previamente. Teléfonos de información da Asociación Plataforma polo Emprego: 981 580 506 – 695 668 623.

� responsabilidade de todos nós manter este tipo de residuos lonxe das concas fluviais para evitar a súa contaminación, polo que dende o Goberno Local agardamos a colaboración de tódolos veciños, bares e restaurantes para lograr este fin; recordando unha vez maís que este servizo non ten custo algún.