ALUMNOS/AS DE 5º DE PRIMARIA PARTICIPARON NA ACTIVIDADE DE EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS FATIROPINA, E ADEMAIS VISITARON O CADRO ADICADO “O TREN DE VARELA”.

Dobre sesión para os menos/as de 5º curso do CPI de Pontecesures nesta mañá de venres. Repartidos en 2 grupos, polo tema de cumprir aforos e manter distancia social, a partir das 12 h. uns visitaron a biblioteca municipal de Pontecesures onde houbo unha sesión de experimentos científicos na que Fatiropina presentou a estes alumnos/as diversas actividades sobre ciencia, pero tamén cunha pouquiña de arte. Fatiropina é unha educadora especializada en actividades que mesturan ciencia, pedagoxía e arte.. Trátase dunha convocatoria do programa «Ler conta moito» da Consellería de Cultura.

O outro grupo acudiu ó local do Club Xuvenil, onde visitaron o cadro adicado “O tren de Varela” pintado recentemente polo taller de pintura da Asociación Cultural “A Barcarola”, recibindo una charla da bibliotecaria Teresa Gil sobre a importancia da liña ferroviaria Cornes (Conxo) – Carril, a mais antiga de Galicia; e dentro deste contexto histórico a figura do maquinista “Varela”, quen percorría diariamente esta liña nos anos 20 e 30 do século pasado a bordo do seu tren tirado pola locomotora “Sarita”.

Logo invertíronse os papeis e os grupos cambiaron de actividade.