Unha análise elemental nos leva a concluir que un número importante de nen@s que viven en Pontecesures, en idade de cursar dende educación infantil ata 4º da ESO, non están escolarizados no CPI Pontecesures senón en centros doutros concellos.
Posibles razóns: Transporte escolar gratuito con paradas en Pontecesures para centros situados noutros concellos e comedores escolares gratuitos neses centros.
Consecuencias: Que nun futuro próximo non se imparte a ESO en Pontecesures por teren poucos alumn@s e ao rematar a educación primaria haxa que cursar a educación secundaria noutros municipios. En lugar dun CPI contariamos só cun centro de educación infantil e primaria , CEIP.
El conjunto de unitarias roza ya las 90 plazas ocupadas
El Centro Rural Agrupado de Valga inicia este lunes el curso con un nuevo aumento de matrícula. Lejos de la situación en la que se encuentran otros CRA, el de esta localidad del Baixo Ulla ha vuelto a ver crecer el número de inscripciones: hay 89 estudiantes, frente a 84 el curso pasado. De esas matrículas, 25 se corresponden con nuevas incorporaciones.
El CEA de Valga tiene sedes en Chenlo, Xanza, Vilarello, Ferreirós, Forno y Campaña. «En catro das seis escolas rozamos a ratio máxima que é de vinte alumnos», indica la nueva directora del centro, Antía Piñeiro. Se confirma, pues, que «gozamos de moi boa saúde, e é unha sorte porque non abunda nestes tempos nas escolas rurais, xa que a maioría están pelexando por manter a cifra de seis nenos para non pechar».
A las aulas de Valga, que se ha convertido en modelo de innovación educativa para escuelas rurales de toda España, llegan estudiantes procedentes de ayuntamientos como Santiago, Catoira, Padrón, Meis, Cuntis, Caldas, Pontecesures o Rois, «entre outros». Su método de trabajo, basado en proyectos, ambientes de aprendizaje y una enseñanza personalizada e individualizada, convence a las familias.
Unha trintena de embarcacións tradicionais remontaron onte o Ulla e o Sar na décima edición da xornada de navegación que cada ano reúne a xentes do mar e aos veciños de Padrón en lembranza da nosa autora máis universal.
A Inchadiña branca vela volveu ser un éxito.
O tempo non o puxo moi doado, pero a Inchadiña branca vela volveu ser un éxito. A homenaxe náutica que dende hai dez anos lle renden as xentes do mar a Rosalía de Castro, remontando o Ulla e o Sar a bordo de embarcacións tradicionais galegas, volveu demostrar o cariño que aínda a día de hoxe esperta a nosa autora máis universal.
“Estamos moi felices”, dicía Anxo Anxeira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, que organiza a homenaxe xunto coa Asociación Cultural Dorna da Arousa, coa colaboración dos concellos de Padrón, Catoira, Dodro e Valga.
Nesta “edición especial”, en palabras de Anxo Angueira, por celebrarse o décimo aniversario da homenaxe, a Inchadiña branca vela superou todos os récords, ao reunir trinta embarcacións tradicionais chegadas de todo o país, dende A Guarda ata Ribadeo.
Houbo galemas, galeóns, dúas bucetas, un carocho, un bote de Ribadeo e dornas, que fixeron o percorrido habitual da Inchadiña, dende a praia fluvial de Vilarello en Cordeiro (Valga) ata Padrón, onde as agardaban ducias de veciños, que viviron a chegada das embarcacións “con moita emoción”, como sinalaba Angueira, aplaudindo o momento en que os seus tripulantes comezaron a despregar as velas, trala súa chegada ao Espolón.
Vela coa imaxe de Rosalía de Castro JESÚS PRIETO
Foi despois dunha travesía complicada por mor do tempo, co vento en contra e con chuvia localizada e vento racheado. Aínda que as previsións meteorolóxicas non eran as mellores, superáronse as expectativas da organización, que destaca o “gran éxito” da xornada.
“Esforzo xeneroso”
“Detrás desta homenaxe hai un esforzo xeneroso da xente do mar, que quere moito a Rosalía e defende a nosa tradición e a nosa cultura”, sinalou Angueira. O presidente da Fundación Rosalía de Castro tamén destacou o “esforzo” dos participantes por achegarse a Padrón, ben por mar ben por estrada, cargados cos seus remolques, para poder sumarse á Inchadiña branca vela. “Moitas veces, teñen que marchar correndo porque baixa a marea, pero aínda así marchan contentos, tanto coma nós de velos aquí”, explicou. “Nada vai minguar ese esforzo xeneroso”, asegurou.
Unha homenaxe, a da Inchadiña branca vela, que a Fundación Rosalía de Castro ve totalmente consolidada nesta décima edición, despois das convocatorias que se viron afectadas pola pandemia, nas que houbo menos participantes. Desta volta, alcanzouse un récord de embarcacións que Angueira confía en que se manteña de cara ao futuro. O presidente da Fundación Rosalía destacou tamén o feito de que a homenaxe se foi estendendo dende a zona da Arousa, a que aporta máis barcos e a primeira que se sumou á xornada de navegación, ata a totalidade da costa galega, reunindo agora a embarcacións de Ribadeo, A Guarda, a ría de Vigo, O Ézaro, O Freixo e a ría de Pontevedra.
A homenaxe náutica celebrouse por primeira vez en 2013 para conmemorar o 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos. E xurdiu como iniciativa das xentes da cultura marítima para honrar unha autora que nesa obra falaba das dornas que subiran Ulla arriba no seu tempo. Foi nesta estrofa: ¡Que inchadiña branca vela / antre os millos corre soa, / misteriosa pura estrela! / Dille o vento en torno dela: / «Palomiña, ¡voa!, ¡voa!».
34 embarcacións chegadas de toda Galicia participaron na décima edición da Inchadiña Branca Vela.
Van alá dez anos dende que a Fundación Rosalía de Castro e aAsociación Cultural Dorna, de A Illa, fundiron o seu esforzo nunha das homenaxes de meirande sensibilidade de cantas en Galicia se lle renden á matriarca das letras. Inchadiña Branca Vela é unha iniciativa que recolle o primeiro verso do poema que Rosalía dedicou en Cantares Gallegos ás dornas que remontaban o Ulla. Foi, precisamente, o 150 aniversario da súa publicación o que motivou a primeira navegación a bordo de embarcacións tradicionais que partiu de Valga con destino a Padrón. Un ritual que este sábado reviviron 34 naos chegadas dente todos os recunchos do país. Entre a flota que partiu ás catro da tarde da praia fluvial de Vilarello, en Valga, atopábanse 27 dornas distintas procedentes das rías de Arousa e Pontevedra, ademais dun volanteiro e unha gamela da Guarda, un galeón da Arousa, un bote deRibadeo, un bote da ría de Vigo e dúas bucetas do Ézaro e O Freixo.
Coa cooperación dos concellos de Valga,Catoira,Dodro e Padrón, a comitiva desenvolveu a homenaxe á memoria de Rosalía na estatua da poetisa que embelece o espolón do último dos catro municipios. «¡Que inchadiña branca vela / antre os millos corre soa, / misteriosa pura estrela! / Dille o vento en torno dela: / ‘‘Palomiña, ¡voa!, ¡voa!»».
Dornas nunca anterior edición da Inchadiña Branca Vela.
Un total de 34 embarcacións tradicionais de todo o país van remontar este sábado os ríos Ulla e o Sar na décima edición da Inchadiña Branca Vela. Trátase dunha remontada organizada pola Fundación Rosalía de Castro e tamén a Asociación Cultural Dorna da Arousa.
En concreto, serán 27 dornas de diferentes tipoloxías; un volanteiro e unha gamela da Guarda; un galeón da Arousa; un bote de Ribadeo e outro da ría de Vigo; e dúas bucetas da ría de Noia e do Ézaro. Na iniciativa tamén colaboran o Concello de Padrón, de Catoira, de Dodro e o de Valga. E no que atinxe ao horario, subirán ás 16.00 horas desde a praia fluvial de Vilarello en Cordeiro (Valga) ata Padrón, onde se lle renderá unha homenaxe a Rosalía diante da súa estatua no Espolón de Padrón (aproximadamente ás 18.00 horas).
Esta actividade, que chegaba por primeira vez en 2013 para celebrar o 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos, xurdiu como iniciativa das xentes mariñeiras para honrar a Rosalía, que tamén cantou as dornas que subían polo río.
Silvia Gago y Lara Remigio, del Club Náutico O Muiño, se subieron al podio por partida doble
El embalse asturiano de Trasona acogió el LIV Campeonato de España Jóvenes Promesas de Sprint Olímpico, que reunió a 1.200 deportistas de categorías cadete e infantil en representación de 110 clubes. La cantera arousana volvió a demostrar su excelente nivel, por lo que As Torres, Náutico Pontecesures y Náutico O Muiño de Ribadumia regresaron con un importante botín de medallas. El viernes se celebraron las clasificatorias y el sábado las finales de las pruebas individuales, en las que la armada arousana sumó las primeras preseas. Marta Castiñeiras, del Club Piragüismo As Torres, ganó en Cadete B C1 500 y Silvia Gago (Náutico O Muiño de Ribadumia) se hizo con la segunda plaza. Sofía Parada, del Club Piragüismo Cambados, venció en Cadete B K1 500. Raúl Fernández (As Torres) se proclamó campeón nacional en Cadete A C1 500, prueba en la que su compañero Jairo Zurita fue tercero por delante de Pablo Torres (Pontecesures). Gabriel Cascallar (As Torres) se colgó la plata en Infantil B C1 1.000 metros. Y Lara Remigio (Náutico O Muiño) ganó en Cadete A C1 500.
La expedición del Club As Torres de Catoira firmó una sobresaliente actuación en el Campeonato de España disputado en Trasona
El domingo se celebraron las finales de las embarcaciones de equipo, modalidad en la que de nuevo los representantes de los clubes de Arousa demostraron su alto de nivel competitivo. En categoría infantil, el C4 de As Torres formado por Gabriel Cascallar, Xan Martelo, Roi Davila y Tomás Pérez, fue segundo en la distancia de 1.000 metros. En C2 Cadete 500 metros, Silvia Gago y Lara Remigio, se proclamaron campeonas de España. Al igual que el C4 Infantil del Náutico Pontecesures formado por Sheila Agrasar, Sabela Duro, Verónica Freiría y Lidia Rodríguez. Los cadetes de As Torres Jairo Zurita y Raúl Fernández ganaron en C2 500. El C4 cadete femenino del Náutico de Pontecesures fue tercero en 500 metros. Las infantiles del club cesureño Sabel Duro y Lidia Rodríguez fueron terceras en Infantil A C2, mientras que el C4 cadete del As Torres formado por Zurita, Fernández, Samuel Iglesias e Iker Rey fue segundo en la final de 500 metros, mientras que sus compañeros Gabriel Cascallar y Xan Martelo fueron segundos en Infantil B C2 1.000. En las pruebas mixtas la armada arousana sumó una nueva medalla, merced Pablo Torres y Sara Vila (Pontecesures), que ganaron en C2 500. En la clasificación por equipos de impuso el Piragüismo Aranjuez. El Náutico Pontecesures acabó cuarto y el Club As Torres noveno, de entre 110 clubes.