Adriana Rivas esta vez non acadou premio, pero tivo unha boa actuación no concurso de Bandeira.

p12p12f3.jpg
Gaiteiros entrando en el certamen.

Pablo Devigo gana el certamen de gaiteiros solistas de Bandeira – Atesora 2.250 euros al llevarse también el premio especial Manuel Dopazo

El gaiteiro de Castro Caldelas, Pablo Devigo, resultó ayer el gran triunfador del certamen de gaiteiros solistas Manuel Dopazo de Bandeira, promovido, por tercera edición, por la asociación Vista Alegre con apoyo del Concello de Silleda y de varias empresas. Devigo ganó el primer premio de 1.500 euros y sumó los 750 que conlleva el premio especial Manuel Dopazo, que también ganó, y que busca semejanzas interpretativas con el histórico gaiteiro.
El segundo premio dotado con 700 euros lo obtuvo Gonzalo A. Abeleiras de Ourense y el tercero fue para Pablo Seoane de Teo que recibe 500 euros. El jurado juzgó la actuación de doce gaiteiros. La organización mostró su satisfacción por la respuesta de público que se situó en unas 200 personas, asentándose el concurso al superar la asistencia de ediciones anteriores.

LA VOZ DE GALICIA, 12/05/08

A gaiteira cesureña Adriana estivo moi ben. O concurso é de un gran nivel con gaiteiros maiores e contrastados, e hai que ter en conta era a máis xove dos 12 participantes. Noraboa.

*Engadido: Fotografías enviadas por Adriana:*

gaiteira_1.jpg
gaiteira_2.jpg
gaiteira_3.jpg

Avaría na centraliña telefónica da Casa do Concello.

Dende a primeira hora da mañá do sábado día 10 permanecen sen teléfono as oficinas da Casa do Concello de Pontecesures, por mor dunha importante avaría na centraliña. Técnicos de Telefónica están arestora tratando de arranxar este problema e van a proceder á substitución de varias pezas.
Espérase que a última hora do día de hoxe quede o servizo restablecido.

Elixida a nova xunta directiva da ANPA do CPI Pontecesures.

Cunha escasísima asistencia de pais/nais (unhas 25 persoas) foi elixida a nova xunta directiva da ANPA do CPI Pontecesures.
O acta da sesión é a seguinte:

SESI?N EXTRAORDINARIA DA ASEMBLEA DA ANPA CELEBRADA CON DATA 09/05/08.
Presidente: Luis Angel Sabariz Rolán.
Vicepresidenta: Consuelo Ordóñez Martínez.
Tesoureiro: Jesús García Lapido.
Vocal: Dolores Agrasar de Villanueva
Actuou de secretaria: Consuelo Ordóñez Martínez.

Na biblioteca do CPI Pontecesures, sendo ás 20:50 horas, reúnese a asemblea da ANPA, baixo a presidencia de Luis Angel Sabariz Rolán, en sesión extraordinaria coa seguinte Orde do Día:

1-ACTA ANTERIOR.-Logo da letura do acta da sesión ordinaria celebrada con data 11-10-07, e non habendo intervencións, considerouse aprobada por unanimidade.

2-ELECCI?N DOS MEMBROS DA NOVA XUNTA DIRECTIVA.-Antes de proceder á elección dos novos membros, o presidente cesante manifestou o seguinte:

-Que como os pais/nais dos nenos do grupo folclórico «Algueirada» decidiron crear unha asociación cultural débese acordar a cancelación da conta bancaria que tiña o grupo en Caixanova-Pontecesures. Aclarou, que a conta sempre tivo un carácter independente para ingresar o importe das clases por parte dos pais/nais, as facturas das actuacións e o importe das subvencións; e para abonar os pagos ós monitores e outros gastos do grupo, engadindo que con fondos da ANPA nunca se afrontaron gastos do colectivo. Rematou dicindo que calquera asociado podía realizar as comprobacións que quixera sobre este extremo.
A Sra. Rey García, manifestou que a decisión de desligarse o grupo da ANPA debía ser adoptado pola asemblea da propia asociación, pois o mesmo podería pasar co teatro ou con outra actividade.
Reiterou o presidente cesante que a decisión de constituir «Algueirada» unha asociación cultural foi adoptada polos pais/nais por unanimidade, que asociarse é un dereito de calquera persoa, e que se fixo así porque bastantes rapaces xa son maiores e non están no centro, non parecendo lóxico que a ANPA teña un grupo folclórico de persoas alleas ó centro escolar. Rematou dicindo que o que se propón e cancelar a conta por todo o dito.
Rematado o debate, a asemblea, por unanimidade, acordou a cancelación desta conta bancaria.

-Que nesta data o saldo na conta do ANPA era de 2.282,33 ?. Explicou que o saldo nas últimas contas aprobadas o 11-10-07 era de 872,00 ?, detallando que dende aquela data ingresáronse as cantidades correspondentes as cotas da ANPA e do seguro escolar e 950 ? da subvención do concello en 2007 (o grupo folclórico percibiu deste organismo 550 ?). Engadiu que só se gastaron, dende aquela data, o importe do seguro de responsabilidade civil e de accidentes dos nenos/as, a subvención da excursión dos alumnos de 3º e 4º da ESO (252 ?) e o pago dunha débeda á monitora de pintura xa que unha nena non abonou as clases desta materia durante bastante tempo aínda que foi reclamado o pago á familia (94,50 ?).

-Tamén o presidente cesante pronunciou unhas verbas de despedida lembrando ós directivos/as que o acompañaron nos case 12 anos que levaba no cargo dende que o presidente anterior, Cándido Duro, fora a buscalo a súa casa en setembro de 1996. Así agradeceu o labor realizado por Pili Mosquera, Mercedes González, Luisa Caldelas, Mª Mar Doce, Charo Lestido, Alberto Solla, Isabel Silva, Rosa Corbelle, Suso Lapido, Consuelo Ordóñez e Loli Agrasar. Agradeceu tamén a colaboración das catro directoras que tivo o centro dende 1996 (Irene, Marta, Carmen e Mª José). Engadiu que xa chegou a hora de dar o paso a outras persoas, aínda que aclarou que nunca a actual xunta directiva se aferrou ó poder xa que tiveron que presentarse hai dous anos ó non facelo ninguén, Indicou que desexaba pedir desculpas se alguén estaba molesto con algunha actuación da xunta directiva. Despois de lembrar a súa familia polo tempo que lle quitou nestes anos, rematou desexando sorte ós novos dirixentes e ofrecendo a documentación que tiña no seu poder xa que a ANPA non ten sede en local público.

-A continuación pasouse á elección dos membros, manifestando o presidente cesante que houbo cinco persoas presentadas no prazo concedido que eran Yolanda Vieites Dos Santos, Manuela Barreiro Castro, María Isabel Rey García, Rita María Lafuente Lestón e Luz Angueira Eiras, xa que unha sexta non reunía os requisitos por ter impagada a cota.
Como estaba prevista unha xunta de sete membros (presidente, vicepresidente, secretario, tesoureiro e tres vocais) preguntouse pola presidencia cesante se a asemblea aceptaba que se presentaran no acto dúas persoas máis que tiveran a cota o día.
Tra un debate, a asemblea, por unanimidade, acordou que podían presentarse dúas persoas máis e tras prantexalo pola presidencia manifestaron que querían ser directivas, Dolores Agrasar de Villanueva e Mónica Esperón Guerrra.
Por unanimidade considerouse que non era necesario proceder á votación ó non haber máis candidatos que prazas, e así pola presidencia cesante declaráronse directivas da ANPA ás seguintes persoas:
YOLANDA VIEITES DOS SANTOS
MANUELA BARREIRO CASTRO
MARÍA ISABEL REY GARCÍA
RITA MARÍA LAFUENTE LEST?N
LUZ ANGUEIRA EIRAS
DOLORES AGRASAR DE VILLANUEVA
M?NICA ESPER?N GUERRA
De acordo co artigo 8 dos Estatutos o mandato terá unha duración de dous anos e, agora, estas persoas elixidas decidirán entre elas os cargos correspondentes na primeira xunta directiva que celebren como establece o artigo 11 de ditos Estatutos.
A asociada Sra. Gil García manifestou que desexaba que se fixese constar en acta o agradecemento ó presidente cesante polo labor realizado nestes anos. A nova directiva, Sra. Angueira Eiras manifestou que estaba de acordo e propúxose que así fora decidido pola asemblea. Por asentemento dos asistentes foi acordado este agradecemento.

Tras reiterar o Sr. Sabariz Rolán que desexa o mellor para a nova xunta directiva, levántouse a sesión ás 21:35 horas, redactándose este acta pola directiva cesante, por petición expresa da asemblea.

O PRESIDENTE CESANTE
Luis Ángel Sabariz Rolán
A SECRETARIA
Consuelo Ordóñez Martínez

Carlos Ferreirós Figueira, residente en Pontecesures, participa nas negociacións sobre a crise de Cedonosa.

p022genn02_1.jpg

Pódese ver a Carlos no medio. O da súa dereita é «Tupy», sindicalista da CIG que participou no seu día na negociación do convenio de persoal laboral do Concello de Pontecesures.

Carlos Ferreirós Figueira, que é traballador de Cedonosa en Catoira e membro do Comité de Empresa, vive en Pontecesures. ? o marido de Conchi Gómez Figueira, presidenta do Pontecesures C.F.

Vacacións para mulleres soas con fillos/as ó seu cargo.

Ponse en coñecemento das veciñas que está aberto o prazo de presentación de solicitudes e praza para participar nas «Vacacións para mulleres con fillos e fillas ao seu cargo 2008» organizadas e financiadas polo SGI.
Participantes: Mulleres soas con fillos/as menores entre 2 e 12 naos, domiciliadas en Galicia.
As vacacións son gratuitas e teñen unha duración de 8 días (7 noites), nos meses de xullo e agosto.
Presentación de solicitudes: ata o 18 de maio no Servicio Social de Atención Primaria do Concello de Pontecesures (luns, martes e venres de 9 a 13:30 horas)

«As instalacións dos colexio melloraron moito neste tempo; non se coñece 10 anos despois».

LUIS SABARIZ ROLÁN. PRESIDENTE SAÍNTE DA ANPA DO COLEXIO INFESTA DE PONTECESURES.

Case 12 anos despois de ocupar o cargo, Luis Sabariz Rolán deixa a presidencia da ANPA do CPI Pontecesures. Esta tarde (20:30 horas) celébrase unha asemblea para elixir a nova xunta directiva. Preséntase as candidatas Yolanda Vieites, Manuela Barreiro, María Isabel Rey, Rita María Lafuente e Luz Angueira Eiras.

Por que deixa o cargo?
Levo case 12 anos e chega o momento da renovación. Decidín non volvwer a presentarme, nin eu nin ninguén da miña xunta directiva. Podía seguir dous anos máis, pero e bo para a propia asociación que veña xente nova, con aires novos.

Que destacaría da xestión do seu equipo durante estes anos?
Cando chegamos o centro estaba bastante mal. Dende entón fixemos xestións para que se ampliase o patio, para a construcción do ximnasio, para un pequeno patio cuberto, para o parque de infantil, o acondicionamento do exterior do recinto…Tamén conseguimos o transporte escolar, puxemos en marcha acitividades lúdicas e consolidouse o grupo folclórico. Melloráronse moito as instalacións. Non se coñece 10 anos despois.

E o peor?
Que me acusaran de politización, algo que nunca se fixo, e a polémica pola xornada única.

Que queda por facer?
O comedor escolar, sobre todo. Esperamos que sigan pelexando por el; desde o concello tamén o faremos. O delegado de Educación comprometérase a ampliar o edificio administrativo para ter comedor o vindeiro curso e non sabemos nada. ? triste que co noso índice de natalidade non se instale este servizo en Cesures como noutros centros da comarca.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 09/05/08