«As instalacións dos colexio melloraron moito neste tempo; non se coñece 10 anos despois».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

LUIS SABARIZ ROLÁN. PRESIDENTE SAÍNTE DA ANPA DO COLEXIO INFESTA DE PONTECESURES.

Case 12 anos despois de ocupar o cargo, Luis Sabariz Rolán deixa a presidencia da ANPA do CPI Pontecesures. Esta tarde (20:30 horas) celébrase unha asemblea para elixir a nova xunta directiva. Preséntase as candidatas Yolanda Vieites, Manuela Barreiro, María Isabel Rey, Rita María Lafuente e Luz Angueira Eiras.

Por que deixa o cargo?
Levo case 12 anos e chega o momento da renovación. Decidín non volvwer a presentarme, nin eu nin ninguén da miña xunta directiva. Podía seguir dous anos máis, pero e bo para a propia asociación que veña xente nova, con aires novos.

Que destacaría da xestión do seu equipo durante estes anos?
Cando chegamos o centro estaba bastante mal. Dende entón fixemos xestións para que se ampliase o patio, para a construcción do ximnasio, para un pequeno patio cuberto, para o parque de infantil, o acondicionamento do exterior do recinto…Tamén conseguimos o transporte escolar, puxemos en marcha acitividades lúdicas e consolidouse o grupo folclórico. Melloráronse moito as instalacións. Non se coñece 10 anos despois.

E o peor?
Que me acusaran de politización, algo que nunca se fixo, e a polémica pola xornada única.

Que queda por facer?
O comedor escolar, sobre todo. Esperamos que sigan pelexando por el; desde o concello tamén o faremos. O delegado de Educación comprometérase a ampliar o edificio administrativo para ter comedor o vindeiro curso e non sabemos nada. ? triste que co noso índice de natalidade non se instale este servizo en Cesures como noutros centros da comarca.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 09/05/08


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.