De novo apareceron varias marcas de «frenadas» de vehículos (duns 25 metros de lonxitude) na rúa Eugenio Escuredo, fronte as obras do Club Náutico, na mañá do domingo día 4 de novembro. Seguen así a realizarse carreiras e maniobras bruscas con vehículos a gran velocidade na zona.
Política
Hoxe no pleno de Valga tratarase a moción de apoio ó tren de cercanías
Hoxe, día 5 de novembro, a partir das 20,30 horas, se debatirá a moción conxunta dos concellos de Catoira, Pontecesures, Padrón e Valga, por parte do pleno deste último concello, e que trata da defensa do servicio de cercanías entre Vilagarcía e Santiago pola vía actual.
Concello
Concesión de parques infantís e áreas deportivas ó Concello de Pontecesures.
A Xunta de Goberno na Deputación de Pontevedra na sesión ordinaria de 24/10/07 acordou conceder á o Concello de Pontecesures unha área infantil para nenos de 5 anos, unha área infantil grande tipo A, ata 14 anos, e unha área de práctica deportiva.
Concello
Contestación do equipo de goberno en relación coas deficiencias do alumeado público.
NOTA DO EQUIPO DE GOBERNO
Aparece hoxe nos medios de comunicación unha nota do BNG de Pontecesures, denunciando o mal estado do alumeado público, e preguntando se algunha farola provocou algunha descarga que puidera haber afectado a algún vecino.
Queremos respostar o seguinte:
1º- Efectivamente, nos últimos tempos, contabilizáronse máis de 50 luminarias afundidas no alumeado municipal. A empresa encargada da reposición destas luminarias xa repuxo a metade na rúa Redondo e noutras rúas centrais da Vila. Agora vai acometer a reparación no alumeado de Carreiras, San Xulián, Rúa Pousa Antelo, etc..
2º- Por causas descoñecidas, parece ser que unha das farolas da rúa Victor García produxo na súa base unha pequena descarga eléctrica, pero afortunadamente non causou danos a ninguén. Nada mís ter coñecemento desta circunstancia foi subsanado o dano, con intervención tamén da Policia Local.
3º- O goberno municipal considera que a maioría das avarías do alumeado son motivadas porque a instalación quedou obsoleta en moitas zonas. Espérase renovar os elementos das mesmas en actuacións futuras.
4º- De tódolos xeitos, tampouco o BNG que estivo gobernando ata hai pouco neste concello, pode falar moito de instalacións municipais. A desatención e a pasividade, foron a tónica das súas actuacións nos últimos tempos. Por exemplo, a Rúa Ullán, no centro da Vila, e os veciños tiveron que esperar pacientemente por esa instalación básica.
Pontecesures, 3 de novembro de 2007
Concello
Substitución das columnas de alta tensión.
Tense coñecemento que se están a facer estudos para substituir as columnas de alta tensión da liña Padrón-Tibo (66 quilovoltios) e parece ser que se instalarán uns apoios máis modernos, con máis altura, cunha menor ocupación na base e incluso diminuirá o número.
Concello
Medio Rural investirá 1,5 millóns de euros nos quince concellos do Salnés e Ulla-Umia.
A Consellería de Medio Rual ven de aprobar un investimento de máis de 6,6 millóns de euros para o financiamento de infraestruturas básicas no rural galego, dos que máis de un millón e medio se destinarán aos municipios das comarcas do Salnés e Ull-Umia.