Medio Rural investirá 1,5 millóns de euros nos quince concellos do Salnés e Ulla-Umia.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A Consellería de Medio Rual ven de aprobar un investimento de máis de 6,6 millóns de euros para o financiamento de infraestruturas básicas no rural galego, dos que máis de un millón e medio se destinarán aos municipios das comarcas do Salnés e Ull-Umia.

As actuacións previstas enmárcanse dentro do denominado Plan Estratéxico de Investimentos no Medio Rural, co que, segundo a Consellería, se pretenden corrixir desequilibrios históricos e mellorar a calidade de vida dos habitantes dos núcleos rurais.

Dos 6.625.000 euros que se adicarán no 2008 a financiar este plan plurianual, as comarcas do Salnés e Ulla-Umia son as que acadan unha maior porcentaxe do investimento, xa que encabezan o listado cun total de 1.520.000 euros, que se repartirán entre os quince municipios que as forman en base a uns criterios obxectivos pactados en función da poboación, dos investimentos históricos, do carácter agro-gandeiro de cada zona, do grao de despoboación ou de envellecemento poboacional.

Segundo o delegado provincial de Medio Rural, Gonzalo Constenla, o obxectivo deste Plan Estratéxico de Investimentos é dotar ao rural dos servixos necesarios para que «sexa vivo e dinámico e se logre a mesma calidade de vida das zonas urbanas». Con este plantexamento, o investimento de 1,5 millóns de euros que a Xunta investirá nas comarcas de Ulla-Umia e o Salnés destinarase a financiar infraestruturas básicas nos núcleos rurais, como poden ser obras de saneamento, abastecemento de auga ou mellora de camiños e pistas forestais.

DIARIO DE AROUSA, 03/11/07


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.