Folga na recollida de lixo de Pontecesures.

No dia de hoxe o alcalde de Pontecesures publicou o seguinte Bando:

«Que diante da convocatoria de folga indefinida efectuada polos representantes da empresa FCC S.A. actual concesionaria do servizo público de recollida de lixo nos concellos de Ames, Brión, Carnota, Lousame, Noia, Porto do Son, Rois e tamén o noso de Pontecesures, por elo, dende está Alcaldía, solicítase a colaboración dos veciños de Pontecesures que atendan as seguintes:
RECOMENDACI?NS:
1-Todolos veciños debemos reducir a producción de lixo ao máximo posible.
2-Non debemos sacar as bolsas de lixo nin enseres á rúa, pois non se van a recoller os contenedores nin os enseres ata que se reinicie a prestación do servizo que se avisará.
3-Os restos de comida, especialmentede peixe e materias semellantes, deben introducirse en dobre bolsa, asegurar a súa hermeticidade e mantelos en lugar fresco, a poder ser refrixerado, para evitar molestias.
4-Non debemos utilizar os contenedores salvo en casos de extrema necesidade.
5-Durante a duración da folga só se prestarán os servizos mínimos que se establezan do que se informará oportunamente.
6-A Presidencia da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza informará puntualmente das novas que se vaian producindo ante esta folga. Aínda así os teléfonos para calquera información de emerxencia son os seguintes:
Empresa concesionaria do servizo: 639-107638 e 981-191240
Policia Local dos concellois afectados.

En Pontecesures a 22 de decembro de 2006»

Ante esta desagradable nova este concelleiro da ACP quere puntualizar o seguinte:

a) A folga comeza ás 00 horas do luns día 25 de decembro, o sexa que mañá dia de noiteboa hai recollida aínda que é domingo. Imos ver que ocorre neste conficto porque parece que os traballadores de FCC están firmes solicitando a xornada de 35 horas semanais e unha suba salarial importante en dous anos.
b) Resulta inconcebible que o alcalde ante o problema grave de salubridade pública que se pode aveciñar non convoque nin informe aos grupos políticos da situación. A gran cantidade de desperdicios orgánicos destes días de festa e a inmensa cantidade de lixo dos supermercados centrais pode orixinar que se acumulen nas rúas os desperdicios cos conseguintes problemas sanitarios.
c) Por se a folga se prolonga moito no tempo, penso que se debían iniciar contactos co concello de Valga para xestionar que o camión dese concello recolla o lixo algúns días sobre todo nas zonas onde os colectores estean máis saturados de lixo. Terían que levalo a planta de SOGAMA. Ogallá a folga se desconvoque pronto e non haxa que recorrir a isto, pero o mellor é estar prevenidos.
d) Resulta realmente sorprendente e incluso de risa que o alcalde no Bando fale en primeira persoa cando él non é un afectado pola falla de recollida. Non reside en Pontecesures e sí no municipio de Rianxo. Entón non é usuario do servizo e polo tanto parece pouco serio que fale en primeira persoa porque, como particular, a folga non lle afecta para nada.

Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures.

Mañá día 23 de decembro, VII Carreira Popular de Pontecesures.

Organizada polo concello e coa colaboración da Deputación de Pontevedra celébrase a carreira de referencia con saída e meta na Plazuela de Pontecesures.
As 16,30 horas saíra a carreira dos participantes de 5 a 8 anos cun percorrido de 400 metros.
As 16,45 horas sairá a dos participantes de 9 a 12 anos cun percorrido de 600 metros.
As 17,00 horas sairá a dos participantes de 13 e 14 anos cun percorrido de 1.200 metros.
As 17,20 horas sairá a carreira senior onde haberá catro categorias (de 15 a 17 anos; de 18 a 35; de 36 a 50; e de máis de 50 anos). O percorrido será de 5.000 metros.
As 18,15 horas sairá a carreira dos pitufos de o a 4 anos cun percorrido de 100 metros.

A inscrición previa na Casa do Concello será chamando aos teléfonos 986-564410 e 986-564403 e 986-557125 ou enviando un fax ao 986-557554.
Tamén pódense inscribir os participantes o mesmo día 23 dende as 15,30 ata as 16,30 horas no Centro Social de Pontecesures (Camiño de San Xulián 4).

Haberá camisetas para os 200 primeiros inscritos e trofeos para os tres primeiros da carreira senior (homes e mulleres). Tamén haberá medallas para os tres primeiros de cada categoría (homes e mulleres) e un trofeo especial para o/a participante máis veterano/a

Retrásase a exposición de pintura na Casa do Concello.

Dentro do programa de actividades de nadal organizadas polo concello de Pontecesures está prevista a Exposición de Pintura de Mulleres da Asociación A Barcarola. Foi aunciado que a data de comezo sería o día 23 de decembro, pero posponse para o día 26 de decembro.
Os cadros serán expostos no semisoto da Casa do Concello e a exposición estará aberta de 10 a 13 horas (os domingos e festivos estará pechada) ata o día 5 de xaneiro de 2007.

Finalizan los trabajos de pavimentado de la calle cesureña Víctor García

La empresa Sercoysa Proyectos y Obras finalizó los trabajos de pavimentado de la calle Víctor García, después de que permanecieran paralizadas durante varias semanas. La actuación se incluía dentro del proyecto de mejora del firme de la zona céntrica de la villa, afectando también a las calles San Lois y Sagasta, con una inversión de 41.690, con cargo al Plan Provincial de Cooperación (PPC).
(más…)