Curiosidades: Pontecesures ou Puentecesures ¿ Tanto da ?

En Febreiro de 1997 estabase a debatir o seguinte:

«DEL GRUPO PARLAMENTARIO CATALA?N (CONVERGE?NCIA I UNIO?), SOBRE REFORMA DE LA NORMA GENERAL DE ETIQUETADO, PRESENTACIO?N Y PUBLICIDAD DE LOS PRODUCTOS ALIMENTICIOS ENVASADOS, PARA HACER POSIBLE UN MAYOR RESPETO A LA PLURALIDAD LINGU?I?STICA (Nu?mero de expediente 162/000059)»

No medio do debate, e así consta nas actas (Ver PDF, páxina 47), o Sr. Rodríguez Sánchez, do Grupo Mixto, espetou:

[…]
Sen?ora don?a Carme Laura Gil, a usted le dicen esto en Catalun?a y en este momento en el Congreso de los Diputados, pero ¿sabe lo que nos dicen a nosotros? Que la legislacio?n autono?mica, que es prescriptiva, no es para cumplir, es de tendencia; es decir, que eso de Ourense u Orense tanto da o bien que si le llamamos Puentecesures o Pontecesures tanto da, porque no son leyes de obligado cumplimiento a pesar de que esta?n aprobadas por unanimidad del Parlamento autono?mico de Galicia.
[…]

¿ Por que empregaría o noso concello como exemplo ? é simple curiosidade

La viuda de Borobó recibirá el día 26 la distinción de Hijo Adoptivo, del periodista

La viuda del fallecido Raimundo García Domínguez Borobó , Carlota Paz Barreiro, recibirá el próximo día 26 de manos del alcalde de Caldas, José María Tobío, los documentos acreditativos de la distinción del autor de los anacos como Hijo Adoptivo de la villa. La entrega tendrá lugar a las 12:30 horas en el Auditorio Municipal en el marco de la celebración de la tradicional Xuntanza Endovélica, que cumple este año su vigesimoséptima edición. Acudirá también al acto el hijo del escritor fallecido en 2003.
(más…)

Enquisa: Veciños que viven fora do concello

Dende hoxe estou empadronado en Sevilla. Levo aquí seis anos e medio e, tras mercar unha casa en Sevilla, e ter a miña vida máis ou menos feita aqui, xa era hora de marcar o cambio de domicilio.

Moitos son os cesureños que viven fora de Pontecesures, algúns estarán ainda empadronados en Pontecesures, outros non, e moitas serán as causas polas que non viven en Pontecesures. ? por isto que plantexo unha pequena equisa, cunhas simples preguntas, para ver cales estamos nesta situación. Uns vivirán preto (Padrón, Santiago, Vigo…), e outros máis lonxe, e noutros paises. 

As preguntas son as seguintes, e aproveito para poñer a primeira resposta a esta «enquisa». O resto de respostan poden ir coma comentarios.

A) Lugar de Residencia actual e tempo dende que estás nese lugar:

En Sevilla, fai seis anos e medio.

b) ¿ Cómo é que chegastes ahí ?

Por traballo, apareceu unha boa oferta laboral en Sevilla e alá fun.

c) ¿ Pensas voltar a Pontecesures algún día ? ¿ Cando ?

Si, pero ainda non sei cando poderá ser.

d) ¿ Que votas de menos ? 

Moitas cousas, á miña familia, á miña xente, …

e) ¿ Cantas veces vas a Pontecesures ó longo do ano ?

Normalmente tres veces: No nadal, pola Pascua (este ano non fun), e en Agosto, para as Festas de Porto.

A ACP denuncia o retraso na execución da obra de dotación da nova iluminación do campo de fútbol.

O 23-12-05 adxudicouse a Doselco a obra de colocación da nova iluminación no campo de fútbol «Ramón Diéguez» por imposte de 11.008,40 ?. Houbo, o parecer, despois xestións con Fenosa e resulta que a obra de aumento de potencia que ten que asumir o concello ascende nada menos que a 13.659,21 ?.
O alcalde aceptou o orzamento de Fenosa a pesar de que non pode, baixo ningún concepto, comprometer máis de 13.000 ? sen consignación orzamentaria. Lóxicamente a compañía eléctrica non adxudicou a obra de aumento de potencia por non ter validez o compromiso do alcalde.
Pois ben; o concello solicitou unha subvención á Consellería de Presidencia para afrontar o custo da obra da potencia pero dos 13.659,21 ? só diron 4.500 e así hai que aportar 9.159,21 ? e non temos consignación orzamentaria para facelo.
Como os orzamentos 2006 aínda non foron presentados polo alcalde, demórase máis e máis a nova iluminación con prexuizo para os usuarios do campo e para Doselco pois as columnas están no lugar e non se poden colocar ata que esté resolto o tama do aumento de potencia.
A ACP denuncia unha vez máis a inoperancia do alcalde e do grupo de goberno que temos xa que levamos sete meses cunha obra adxudicada e sen poder executar por unha total imprevisión. Da a sensación de que o elevado custo do aumento de potencia colleunos por sorpresa. Non esperaban isto e agora non saben como resolvelo.

Pontecesures, 4 de agosto de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán. Concelleiro da ACP