As 12 da noite do venres, 20 de abril, neste cafe concerto da Rúa Sagasta (antigo Taboga) actuará o grupo Santa Fe (con Viki).
Cultura
Actuación de solistas da Escola de Música de Valga.
A Igrexa de Cordeiro acollerá un concerto de solistas da Escola Municipal de Valga o domingo 12 de febreiro ás 12:30 horas.
DIARIO DE PONTEVEDRA, 08/02/12
Sociedade
Procesión dos Lacóns e San Brais en Cordeiro.
Mañá, e de febreiro un grupo de veciños de Vilar partirán dende a capela, trala misa das 10 horas, portando as figuras de San Roque, San Amaro e San antón, ademais das cestas de lacóns que levarán as mulleres sobre a cabeza. a comitiva acompañada das gaitas, chegará á igrexa para a misa solemne das 13 horas, á que seguirá a procesión dos lacóns.
O venres 3 celebrarán o San Brais. A zxornada comezará cedo, coa tirada de bombas de palenque, misas rezadas a partir das nove, alboradas e pasarúas coa Banda de Música Cultural de Tremoedo. A misa solemne será ás 13 horas, seguida de sesión vermouth amenizada pola citada agrupación, que ofrecerá un concerto pola tarde. Tamén haberá misa ás 18 horas. Pola noite celebrarase unha verbena coas orquestras Costa Oeste e Cinema. Dj Mario porá fin á festa. Haberá carpa con calefacción.
DIARIO DE PONTEVEDRA, 01/02/12
Cultura
Concerto da Escola de Música de Valga na igrexa de Campaña.
? o primeiro concerto do ciclo «Música nas igrexas» que se desenvolverá nas cinco parroquias. KHoxe será ás 12:30 horas na de Campaña.
DIARIO DE PONTEVEDRA, 15/01/12
Cultura
Música en Valga.
A Banda de Música Municipal de Valga ofrecerá un concerto no Auditorio de Fereirós ás 21 horas do sábado 24 de setembro. Entrada de balde.
Concello
A asociación San Roque de Porto convida á corporación aos actos da festa.
Esta asociación cultural convida aos membros da corporación a procesión de San Roque que terá lugar o venres, 19 de agosto, ás 12 horas, con saída dende a praza dos Valeiros, é a posterior Misa Solemne na Igrexa Parroquial. De regreso á Praza dos Valeiros servirase un viño galego, antes do concerto da Banda de Arcade.