Falleció José Agrasar Castrelo.

A los 67 años de edad, falleció el pasado jueves este vecino de Carreiras que estaba casado con Inés Crespo Moure. En el día de ayer sus restos mortales recibieron sepultura en el Cementerio Municipal de Condide.

Descanse en paz.

CORTE DE AUGA NA XORNADA DO XOVES 24 DE XUÑO (ZONA DE CONDIDE).

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS

AVISO DE CORTE DE AUGA

Na xornada do XOVES 24 DE XUÑO, debido a obras de mellora na rede de abastecemento de auga, procederáse a un corte no subministro que afectará ás seguintes rúas:

  • Rúa do Ensanche.
  • Rúa do Couto.
  • Pista do Regadío (dende o cruce da Paxareira ata Condide).
  • Barrio de Condide.

O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 08.30 ata ás 13.00 horas. Recoméndase a tódolos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.

EXCELENTES RESULTADOS NA CAMPAÑA DE TRAMPEO CONTRA A VESPA VELUTINA NO CONCELLO DE PONTECESURES.

O pasado 15 de Marzo dou inicio unha campaña de trampeo para o control da vespa velutina.

Dividido o termino municipal en 4 zonas colocáronse un total de 70 trampas distribuídas uniformemente e nos lugares axeitados para unha maior eficacia nas capturas das raíñas.

ZONA 1: Condide-Paxareira-Carreiras

ZONA 2: Toxa-Grobas-Fenteira-O Castro-San Xulián

ZONA 3: Centro da vila-Zona peirao

ZONA 4: Sur e Norte de Porto-Redondo

Na primeira recollida das trampas correspondente ao período Marzo-Abril capturáronse 280 raíñas velutinas.

Dita cifra incrementouse na segunda revisión correspondente ao período Maio-Xuño no que xa se levan capturadas 325 raíñas velutinas.

Son unhas excelentes cifras de capturas, xa que superan a día de hoxe os 600 exemplares que, doutro xeito, darían lugar a máis de 600 niños primarios no noso concello.

O número de chamadas ao concello reduciuse considerablemente este ano coa implantación de estes trampeos, aínda así, tan importante coma o trampeo primaveral é a retirada dos posibles niños que xurdan ata o mes de outubro para evitar a fin do ciclo biolóxico da especie.

Para elo lembramos que a comunicación de niños de velutina farase a través do teléfono 012 do servizo de recollida de avisos de niños de vespa velutina ou no teléfono do Concello 986-557125