A varanda da rúa do Castro segue derrubada.

Na noite do 9 ao 10 de agosto, un vehículo derrubou un tramo de 7 metros desta varanda fronte ao número 5 da rúa do Castro de San Xulián (Pontecesures). O accidente foi aparatoso pois incluso algún elemento caíra na estrada nacional N-550 baixando polo noiro.

Pois ben; a pesar do tempo transcorrido a varanda aínda non está reposta coas conseguintes queixas de veciños. Nin a celebración o pasado día 12 de outubro dos actos da festividade do Pilar en San Xulián fixo reaaccionar ao goberno local e así esta deficiencia amosa a inoperancia dos gobernantes actuais. Pero é máis; a pista é moi concorrida por alumnos e pais do CPI Pontecesures que suben ou baixan a pé pola rúa do Castro (espazo estreito ademais). O perigo de caída é evidente para todos eles.

A ACP insta ao goberno local para que a varanda sexa reposta canto antes. Ignórase a tramitación e as xestións reallizadas coa compañía aseguradora do vehículo causante dos danos e que debe facer fronte aos gastos da obra, pero logo de transcorrir dous meses e medio o arranxo non debe demorarse.

Pontecesures, 22/10/11

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

Sabariz alerta de la carencia de una valla de protección rota hace dos meses.

El concejal Luis Sabariz Rolán portavoz de la ACP, denuncia que en la madrugada del 10 de agosto la colisión de un vehículo hizo que desaparecieran siete metros de barandilla de protección en la calle Castro de San Xulián. Transcurridos más de dos meses desde entonces aquella balaustrada no fue repuesta para indignación de los vecinos y del porpio edil.
«Ni siqueira la celebración de la festividad del Pilar en San Xulián hizo reaccionar al gobienro local, lo cual demuestra su inoperancia», señala Sabariz.
Al mismo tiempo incide en que «se trata de una pista muy concurrida» por la que trensitan los alumnos del CPI Pontecesures quienes de ese modo se ven sometidos a un peligro añadido. Desde ACP exigen al ejecutivo «que efectúe la reposición de la barandilla cuanto antes».

FARO DE VIGO, 23/10/11

Técnicos de Educación visitan hoxe o CPI Pontecesures polas deficiencias da caldeira.

Segundo as informacións que temos, persoal da unidade técnica da Xefatura Territorial de Educación de Pontevedra van visitar hoxe venres 9 de setembro as instalacións do CPI Pontecesures para facer unha comprobación exhaustiva da caldeira o depósito e demais elementos da calefacción do colexio.

O consumo actual de gasóleo é desorbitado con notable prexuizo para a economía do centro e sempre se pensou que a solución era instalar unha nova caldeira por considerarse totalmente obsoleta á existente. De feito hai xa un orzamento co custo da nova caldeira que é considerablemente elevado

Porén; as autoridades de educación queren comprobar polo miudo, antes de tomar a decisión de cambiar a caldeira, o funcionamento de todo o sistema para avaliar as causas das deficiencias no consumo que se están a detectar e se é posible acometer os arranxos oportunos con garantías sen investir tantos recursos adquirindo unha nova caldeira.

Dende a ACP esperamos que o problema sexa solucionado para beneficio de toda a comunidade educativa.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Ponteecsures

La ACP reitera a Educación la necesidad de una nueva caldera para el colegio cesureño.

Fue uno de los caballos de batalla de Luis Ángel Sabariz Rolán como concejal no adscrito e integrante del tripartito encabezado por Maribel Castro durante el anterior mandato municipal, y por lo que se ve, seguirá siendo una de las prioridades del hoy portavoz de la Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP) tras su paso a la oposición. Conseguir una caldera nueva para el colegio cesureño.
Con fecha de ayer, Sabariz Rolán envió una carta al jefe territorial de la Consellería de Educación en la provincia de Pontevedra, César Augusto Pérez Ares, recordándole que «dende hai tempo estáse a solicitar pola comunidade educativa do CPI Pontecesures e polo propio Concello a colocación dunha nova caldeira de calefacción». Un cambio de maquinaria estimado en su momento en algo más de 40.000 euros, y que en opinión del edil de la formación independiente estaría más que justificado y avalado por tres razones.
La primera, la obsolescencia de la caldera con la que cuenta el centro educativo, y que deriva en «unha tremenda cantidade de gasoil» consumido, «co conseguinte gasto desorbitado que ten que soportar o CPI na súa economía». El segundo motivo es que «hai un elemento contaminante moi importante que debe correxirse». Y el tercer argumento aportado por Sabariz es que «coa nova caldeira eliminaríase a actual situación con depósitos baixo terra moi próximos ao centro».
Por todo lo anterior, el edil de la ACP solicita «de novo que sexa adxudicada esta actuación e colocada a caldeira antes do comezo do curso escolar 2011/12».

Inversión necesaria y rentable
Tras años de espera, Sabariz Rolán sostiene que «non se pode estar un curso máis con esta problemática», que tiene en la población escolar cesureña la gran damnificada. Una razón social que se acompaña del notable rédito económico que se derivaría de la instalación de una caldera más moderna, que supondría «un aforro tan considerable en combustible que rendabilizará a actuación en moi pouco tempo», defiende el edil de la ACP.

LA VOZ DE GALICIA, 19/07/11

Programa electoral da ACP.

-Fomentar que os veciños que residen en Pontecesures estean empadroados.

-Ampliar o horario de atención ao público na Casa do Concello

-Comprometerse a que se abra unha quenda de rogos e preguntas do público ao remate dos plenos ordinarios.

-Darlle máis celeridade á xestión orzamentaria do Concello e aos pagos da institución.

-Potenciar as funcións e competencias da Policía Local.

-Garantir a publicidade e a transparencia na selección dos traballadores.

-Remodelar o edificio de Protección Civil e solicitar un novo vehiculo para a agrupación de voluntarios.

-Xestionar con Portos de Galicia o arranxo e ampliación do pantalán embarcadoiro do peirao.

-Potenciar a utilización das augas soterradas do monte municipal Salgueiras-Lagoa para abaratar o custo do subministro da auga da traída.

-Adoptar medidas de aforro enerxético na iluminación pública.

-Continuar coa rexeneración do monte municipal e instar á Xunta para que elabore o novo plan de ordenación do mesmo.

-Impulsar a creación de solo industrial na Tarroeira.

-Conveniar coa Deputación de Pontevedra a realización da obra de urbanización da Avda. dos Namorados de Porto.

-Xestionar con Augas de Galicia a execución da obra de saneamento integral do municipio para tratar todos os vertidos na EDAR.

-Poñer en marcha o servizo de recollida de lixo en Grobas-Fenteira, con periodicidade semanal.

-Desenvolver o polígono 10 do PXOM con rehabilitación do Muiño da Chancela e construción dunha zona de lecer entre Infesta e a Avda. de Vigo.

-Aprobar o inventario municipal de bens para defender as propiedades do concello.

-Acondicionar, anchear e instalar unha varanda de protección na rúa Miguéns Parrado na contorna da Igrexa Parroquial.

-Impulsar a obra de rehabilitación integral da zona portuaria.

-Potenciar o noso centro de saúde, para que contemos cun segundo médico e co servizo de pediatría.

-Xestionar coas administracións a construción de beirarrúas na Avda. de Arousa e arranxo das da N-550.

-Rematar as beirarrúas de rúa Ullán.

-Acondicionar a zona da canle inutilizada en Condide solucionando os problemas de salubridade.

-Continuar coas obras de ancheamento nos interiores de Porto, Toxa, Carreiras, San Xulián e nos demais lugares.

-Instar a que o Camiño Portugués sexa sinalizado polo trazado verdadeiro, é dicir, polo interior de Condide , polo Couto e por Carreiras.

-Estudar a posibilidade de ampliación do pavillón municipal para dar resposta ás demandas de maior utilización.

-Acondicionar os vestiarios do campo de fútbol.

-Xestionar a construción dun espazo para comedor escolar no CPI Pontecesures e crear o plan madruga en colaboración coa ANPA.

-Potenciar o servizo de asistencia a domicilio para as persoas discapacitadas e maiores.

-Organizar actividades de tempo libre para nenos e maiores.

-Organizar cursos de formación para desempregados.

-Continuar na potenciación das festas patronais, da festa da lamprea e da festa do churro.

-Utilizar puntualmente para outros usos o albergue de peregrinos nos períodos de ausencia de usuarios.

-Xestionar a incorporación da gardería de Pontecesures na rede de escolas infantís da Xunta de Galicia por razóns económicas e de funcionamento.

-Continuar a traballar para que o ferrocarril continúe en servizo pola vía actual, mantendo e potenciando o traxecto de cercanías Vilagarcía-Santiago.