Programa electoral da ACP.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

-Fomentar que os veciños que residen en Pontecesures estean empadroados.

-Ampliar o horario de atención ao público na Casa do Concello

-Comprometerse a que se abra unha quenda de rogos e preguntas do público ao remate dos plenos ordinarios.

-Darlle máis celeridade á xestión orzamentaria do Concello e aos pagos da institución.

-Potenciar as funcións e competencias da Policía Local.

-Garantir a publicidade e a transparencia na selección dos traballadores.

-Remodelar o edificio de Protección Civil e solicitar un novo vehiculo para a agrupación de voluntarios.

-Xestionar con Portos de Galicia o arranxo e ampliación do pantalán embarcadoiro do peirao.

-Potenciar a utilización das augas soterradas do monte municipal Salgueiras-Lagoa para abaratar o custo do subministro da auga da traída.

-Adoptar medidas de aforro enerxético na iluminación pública.

-Continuar coa rexeneración do monte municipal e instar á Xunta para que elabore o novo plan de ordenación do mesmo.

-Impulsar a creación de solo industrial na Tarroeira.

-Conveniar coa Deputación de Pontevedra a realización da obra de urbanización da Avda. dos Namorados de Porto.

-Xestionar con Augas de Galicia a execución da obra de saneamento integral do municipio para tratar todos os vertidos na EDAR.

-Poñer en marcha o servizo de recollida de lixo en Grobas-Fenteira, con periodicidade semanal.

-Desenvolver o polígono 10 do PXOM con rehabilitación do Muiño da Chancela e construción dunha zona de lecer entre Infesta e a Avda. de Vigo.

-Aprobar o inventario municipal de bens para defender as propiedades do concello.

-Acondicionar, anchear e instalar unha varanda de protección na rúa Miguéns Parrado na contorna da Igrexa Parroquial.

-Impulsar a obra de rehabilitación integral da zona portuaria.

-Potenciar o noso centro de saúde, para que contemos cun segundo médico e co servizo de pediatría.

-Xestionar coas administracións a construción de beirarrúas na Avda. de Arousa e arranxo das da N-550.

-Rematar as beirarrúas de rúa Ullán.

-Acondicionar a zona da canle inutilizada en Condide solucionando os problemas de salubridade.

-Continuar coas obras de ancheamento nos interiores de Porto, Toxa, Carreiras, San Xulián e nos demais lugares.

-Instar a que o Camiño Portugués sexa sinalizado polo trazado verdadeiro, é dicir, polo interior de Condide , polo Couto e por Carreiras.

-Estudar a posibilidade de ampliación do pavillón municipal para dar resposta ás demandas de maior utilización.

-Acondicionar os vestiarios do campo de fútbol.

-Xestionar a construción dun espazo para comedor escolar no CPI Pontecesures e crear o plan madruga en colaboración coa ANPA.

-Potenciar o servizo de asistencia a domicilio para as persoas discapacitadas e maiores.

-Organizar actividades de tempo libre para nenos e maiores.

-Organizar cursos de formación para desempregados.

-Continuar na potenciación das festas patronais, da festa da lamprea e da festa do churro.

-Utilizar puntualmente para outros usos o albergue de peregrinos nos períodos de ausencia de usuarios.

-Xestionar a incorporación da gardería de Pontecesures na rede de escolas infantís da Xunta de Galicia por razóns económicas e de funcionamento.

-Continuar a traballar para que o ferrocarril continúe en servizo pola vía actual, mantendo e potenciando o traxecto de cercanías Vilagarcía-Santiago.


10 comentarios

Caminante · 17-05-2011 a las 12:39

E añado eu; non sería máis doado colgar a este medio o programa electoral do PP ou de IP ( o partido de Maribel Antidebates) que van a ser os que vostede efusivamente vai a apoiar?
Digo máis que nada que para aforrar PALABRARIA BARATA, afán de protagonismo e sobre todo, aburrir aos lectores deste medio.
Descanse e vaía repartir votos polas casas.

Luis Angel Sabariz Rolán · 17-05-2011 a las 13:46

Xa o dis ti todo, «Caminante», e vexo que fas de futurólogo. Este medio é moi seguido (polas portas moitos veciños coméntanme que o consultan todos os días). Se fora aburrido non tería a enorme aceptación que ten.
Pola túa casa xa non vou, logo das túas afirmacións. A pesar do teu comentario, negativo coma sempre, hai que sacar a parte positiva: O incluírme en acordos para despois de 22 de maio, significa que vou ter representación. Algo é algo.

Caminante · 17-05-2011 a las 15:00

Por partes:
a) O medio, señor Sabariz, non é aburrido. Vostede é aburrido. Tanta presenza, día tras día, hora tras hora, aburre, cansa, motiva indiferenza hacia vostede. Eso evidentemente a vostede non llo din. A vostede, cando fala coas xentes polas ruas cóntanlle o que a vostede lle gosta de escoitar… e vostede marcha contento, feliz, enchido de satisfación… cuan equivocado está…
b) Futurólogo? Non señor Sabariz. Aos feitos me remito, ao 16 de xuño do 2007 me remito. E os feitos non foron outros que o de «untar» á señora Antidebates cunha suculenta dedicación exclusiva a cambio de Concello 24 horas e micro, que non se me esquenza o seu querido e inseparable micro.
c) Si home, tranquilo, eu creo que un saca o día 22. Pero ( sempre hai un pero para vostede) para face-lo tan ben, ser tan transparente a súa xestión, ter tantos apoios pola rúa coma di… como é que soamente vai a acadar UN concelleiro?
E non estou sendo futurólogo… vostede o sabe.
Ah, esmendréllese un pouco máis nas respostas. Non recurra sempre a tópicos e simplicidades.
Ah, e ainda non me contestou a que aspira, non crea que me esquecín.
Como diría o poeta: «se miente mas de la cuenta por falta de fantasía: también la (su) verdad se inventa». Saberá de quen é, supoño.

Decesures · 17-05-2011 a las 15:02

Paréceme un programa atractivo, se cadra con demasiadas tarefas non? O que está claro é que en Pontecesures é tempo de facer obras pequenas, pero necesarias e o que é máis importante que haxa unha figura firme e con decisión na Alcaldía.

Ánimo

manolo o do bombo · 18-05-2011 a las 14:12

EN 4 anos no fixeches ,e estos dias parcheando polas aldeas o que son os votiños,penso que a xente non sera tan ignorante e darase conta.

farto · 18-05-2011 a las 16:32

Adiante Sabariz. A xente empeza a decir que ti sempre das a cara, sobre todo cando hai problemas, non coma outros. E poucas promesas das de non cumplir, pois non hai carto. Ben, ti sigue así. O pobo estase dando conta que non estas tan tolo e que te preocupas.
A xente vai abrindo os ollos. Os Roques, Angueiras, Soutos, Seages e Randulfes pouco teñen que facer ante o teu traballo.
Adiante a votarte. Hai que dar oportunidades a quen se as merece. A nos convencichesnos con feitos, non con palabreria barata, coma o de antes.

Caminante · 18-05-2011 a las 18:49

Por alusións, «farto»:podesme pasar a numerar algúns dos feitos que mencionas?
Máis que nada por argumentar, sabes.
? moi sinxelo «soltar» unha frase grandilocuente e listo. E quedámonos tan contentos…
Previas grazas.

Castelao · 18-05-2011 a las 23:07

Eque é algo vergonzoso, que mais da metade de candidatos, e das forzas políticas existentes, leven candidatos que nin residen en pontecesures… pola miña parte nin pp nin o psoe levaran o meu voto, e tampouco o bng, que dentro da seriedade que soe ter en concellos exemplares, gobernados e por eles e recoñecidos dentro da comunidade como boiro, ou allariz con grandes proxectos, poida levar a angueira en pontecesures como candidato, a min non me parece un bo candidato a alcaldia de pontecesures… non é por ofender a ninguen pero é o que me parece con outro candidato serio, si o chegaria a levar.

papagos · 19-05-2011 a las 10:21

Está moi ben que colgues o teu programa Sabaríz, pero estaría moi ben tamén que colgases ós dos outros. En calquera caso a xente a estas alturas xa ten decidido o seu voto. Por certo, seguidores do Sr Sabaríz como «farto» dín cousas como: «O pobo estase dando conta que non estas tan tolo …».

Luis Angel Sabariz Rolán · 19-05-2011 a las 14:30

Eu fago entradas con todo tipo de novas das outras formacións políticas e nunca tiven favoritismos á hora da publicación das mesmas. Agora ben; tampouco vou cargar coa obriga de teclear os programas de todos. Hai que entendelo.
A ACP tan tamén ten seguidores «papagos». ? o normal. E temos boas sensacións.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.