A XXV Festa da Lamprea do Ulla de Pontecesures reparte 350 menús degustación

Juan Manuel Vidal agarda que esta 25 edición “sexa para moitos unha forma de chegar a amar a lamprea e que vaiamos medrado en calidade”

XXV Festa da Lamprea do Ulla de Pontecesures repartiu hoxe máis de 350 menús degustación nas súas vodas de prata e no ano no que o Concello de Pontecesures presentou a súa candidatura a Festa de Interese Turístico de Galicia. Unhas racións das que deron boa conta as persoas asistentes a esta festa gastronómica, algúns para desfrutar das tres elaboracións, outros para iniciárense no consumo deste peixe, compartindo menú en familia ou en grupos de amigos.

O alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, destacou as dificultades xurdidas á hora de organizar esta festa pola escaseza de lamprea: “foron semanas buscando por aquí e por alá o prezado peixe para poder desfrutalo hoxe. Gustaríanos ter podido facer milleiros de menús degustación pero non foi posible así que, os que teñades pensado comela, non vos distraiades moito porque nos las sacan de las manos”. De feito, pasadas as 15:00 horas e xa sen colas de entrada, quedaban menos de corenta racións.A XXV Festa da Lamprea do Ulla repartirá máis de 300 menús degustación a 30 eurosRedacción

Vidal Seage puxo en valor o novo formato da festa, cunha carpa na que se puideron degustar tres elaboracións coordinadas polo chef Miguel Mosteiro: á bordelesa (elaborada polas habituais cociñeiras da festa), en empanada (elaborada por unha panadería de Pontecesures) ou en escabeche, canda bebida (refresco, cervexa o viño do municipio) por un prezo de 30 euros. “Espero que esta 25 edición sexa para moitos unha forma de chegar a amar a lamprea e que sexa un revulsivo tamén para que esta edición sexa a primeira de moitas máis, que vaiamos medrando en calidade e poidamos desfrutalo todos xuntos. Longa vida á lamprea”, apuntou Vidal Seage.

Desenvolvemento

Pola súa banda, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, agradeceulle ao Concello de Pontecesures “o esforzo que fan para exaltar un dos produtos fundamentais para desenvolver social e economicamente este concello, como é todo o que ten que ver coa pesca e, en concreto, coa célebre lamprea do Ulla”. Neste sentido, asegurou que “estes 25 anos da Festa da Lamprea son un bo síntoma de que estades facendo un traballo que é merecedor de conseguir ese recoñecemento como Festa de Interese Turístico de Galicia e agardamos poder seguir celebrando a festa da raíña do Ulla”.

Finalmente, a pregoeira deste ano, a actriz Isabel Blanco, bromeou cos tres anos que levaba agardando para “pregoar as excelencias da Dama do Ulla, esa meiga do río… ou do mar, que xenera amores e odios. O certo é que non deixa a ninguén indiferente”. Ademais, insistiu en que “para gustos, cores. E aos bos padaleadores non se lles perde unha cita coma esta en Pontecesures nin de broma, porque saben que a Dama sabe e que está deliciosa”.

Documental

Previamente, o salón de plenos da Casa do Concello acolleu a presentación do documental “Pontecesures”, obra de Miguel Piñeiro. Un acto ao que asistiron todas as autoridades presentes na festa, así como persoas que colaboraron na elaboración deste vídeo. Vidal Seage destacou que o obxectivo deste traballo é “tratar de ser un revulsivo e dicir que Pontecesures ten por diante un futuro apaixonante na maneira en que todos traballemos na mesma dirección e lle poñamos ese cariño e esa afouteza como fixeron os que estiveron antes que nós”. Un traballo que louvou tamén a conselleira do Mar, Rosa Quintana, para quen este tipo de traballos son fundamentais “para ter os valores ben claros saber de onde vimos e cara onde queremos ir no futuro”.

Finalmente, os integrantes do Radio Club Tierra de Rosalía tamén estiveron presentes nesta festa, contactando con radioafeccionados de todo o mundo, aos que entregarán un Diploma con motivo da exaltación gastronómica da Lamprea do Ulla en Pontecesures e entre os que sortearán uns trofeos doados polo Concello de Pontecesures. 

O PSOE de Pontecesures critica a convocatoria dun pleno extraordinario cando os asuntos podíanse tratar no pleno ordinario de mañá.

Convocar un pleno extraordinario hoxe para tratar asuntos non urxentes e que podía ser tratados no pleno ordinario do luns. Perda de tempo, de traballo e de cartos públicos de tod@s.O obxectivo final do sr. Seage era poder anunciar o domingo que xa se solicitou a declaración de interés turístico da Festa da Lamprea do río Ulla de Pontecesures. Un trámite que ben podía ser feito no pleno ordinario do luns e evitar este dispendio de tempo e cartos.

O BNG de Pontecesures explica as abstencións no pasado pleno.

𝗔𝗯𝘀𝘁𝗶𝘃é𝗺𝗼𝗻𝗼𝘀 (𝗾𝘂𝗲 𝗻𝗼𝗻 𝘃𝗼𝘁𝗮𝗺𝗼𝘀 𝗲𝗻 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗮) na RECALIFICACIÓN, hai que chamar ás cousas polo seu nome, que o señor Seage e compañía lle concede a Nestlé por dous motivos. Chámanos a atención a facilidade que ten o señor Seage para facilitarlle a vida ás empresas e para complicarlla ós veciños; os expedientes van a velocidade da luz pero non vemos garantía de conservación de toda esa masa verde que se RECALIFICA A INDUSTRIAL, da que, por certo, se vostedes soubesen negociar, poderían desfrutar os veciños .

𝗔𝗯𝘀𝘁𝗶𝘃é𝗺𝗼𝗻𝗼𝘀 (𝗾𝘂𝗲 𝗻𝗼𝗻 𝘃𝗼𝘁𝗮𝗺𝗼𝘀 𝗲𝗻 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗮) na declaración de interese turístico porque é PURO ELECTORALISMO. O señor Seage, vai a FITUR a promocionar a Festa da Lamprea de ARBO , mentres que en Cesures, o alcalde, Cordo, Villar e compañía devaluaron a Festa da Lamprea, cargándose sistematicamente todo o que se construirá arredor dela durante 25 anos, baleirandoa de contido. Os anos que máis se investiu na festa e que máis público houbo, señor Seage, foi co BNG, que de posar e de fotos non sabe moito pero de TRABALLAR e facer unha festa á altura do que a nosa vila merece, bastante máis que vostedes, que o único que fan é PANTOMINAS con cheiro a rancio.

A𝗯𝘀𝘁𝗶𝘃é𝗺𝗼𝗻𝗼𝘀 (𝗾𝘂𝗲 𝗻𝗼𝗻 𝘃𝗼𝘁𝗮𝗺𝗼𝘀 𝗲𝗻 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗮) coa obra da Prazuela porque co actual proxecto van vostedes impedir a realización de calquera evento na mesma. O seu propio concelleiro de Obras, señor Cordo, dixo que «estaban estudando medidas para cando se aprobe o proxecto. Senón fora polo dano que fan a Cesures e ós cesureños, sería para rirse.

BNG Pontecesures

La lamprea, reina también de los paladares.

La XXV Festa da Lamprea comenzó esta mañana con un nuevo éxito de público. El alcalde, Juan Manuel Vidal, demostró su arte en el dominio del pez que reina en el Ulla, pero también en los fogones.

El interés que despertó el evento demuestra, una vez más, el poder gastronómico de la lamprea, que se pudo degustar en tres variedades: A la bordalesa (forma tradicional), en empanada o en escabeche. Fueron 300 los menús dispuestos para una cita que genera gran interés y que no se quiso perder ni la mismísima conselleira do Mar, Rosa Quintana.

Las actividades continúan por la tarde. Los integrantes del Radio Club Tierra de Rosalía entregarán un diploma con motivo de la exaltación gastronómica de la lamprea a todos los radioaficionados que establezcan contacto en HF o CB. Además, se sorterán trofeos donados por el Concello.

A partir de las ocho de la tarde, el grupo «Unión y Fuerza» pondrá el broche de oro.

Diario de Arousa

Pontecesures solicita la declaración de «interés turístico» de la Festa da Lamprea.

El Ayuntamiento de Pontecesures acordó en el pleno extraordinario de esta semana solicita la declaración de la fiesta como de interés turístico de Galicia, coincidiendo con la celebración este fin de semana de la cita gastronómica por excelencia de la localidad y a la que acuden desde distintos puntos de Galicia cientos de visitantes.

El alcalde de Pontecesures, el popular Vidal Seage, considera que la celebración cumple con todos los requisitos exigibles para contar con esta consideración cuanto antes.

En este sentido enumera que se trata sobre todo de una fiesta «con enorme arraigo entre la población cesureña, que se lleva celebrando durante los últimos 25 años, que ha demostrado su enorme valor cultural y su singularidad, sobre todo en los artes para pescar la lamprea», recogida por los valeiros en esta época del año.

Estos argumentos han sido acreditados en el documento que ya se envió a la Xunta, para que estudie su urgente inclusión en la fiestas de interés turístico gallego, tras su aprobación por todos los grupos de la Corporación, a saber PP, PSOE y BNG.

Vidal indicó que el reconocimiento de la Festa da Lamprea como de Interés Turístico de Galicia «supondrá un elemento dinamizador a nivel turístico y económico de la localidad».

Asimismo cree que será un paso adelante para la Festa da Lamprea do Ulla en su faceta como «elemento diferenciador respecto de otro tipo de degustaciones que se llevan a cabo en el entorno de la comarca.

Faro de Vigo

O pleno aproba un convenio urbanístico entre o concello cesureño e Nestlé.

O Concello de Pontecesures celebrou onte unha sesión plenaria extraordinaria na que se deu o visto bo a tres proxectos, nos tres casos cos votos favorables de PP e PSOE e a abstención do BNG. En primeiro lugar, a corporación aprobou solicitar a declaración da Festa da Lamprea como como festa de interese turístico de Galicia.

O pleno tamén deu o visto bo ao convenio de colaboración entre o concello e Nestlé para acometer a modificación puntual nº 1 do PXOM toda vez que o convenio xa superou a súa fase de exposición pública. O alcalde xustificou a celebración da sesión extraordinaria nos compromisos de Nestlé para facer a modificación orientada a ampliar a factoría.

La Voz de Galicia