O escritor Fernández Naval substitúe a Senín Fernández en Cultura

O narrador e poeta Francisco Fernández Naval substituirá na Subdirección Xeral de Cultura a Xavier Senín Fernández (Pontecesures, 1949), quen estivo neste cargo desde o 2 de outubro de 1987. Senín deixa o cargo cun enorme labor ás súas costas. A súa última acción foi a presidencia e coordinación da comisión para a elaboración da Lei do Libro. Cinco conselleiros Alfredo Conde Cid, despois viñeron Daniel Barata Quintás, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, Jesús Pérez Varela e Ánxela Bugallo e sete directores xerais contaron co seu traballo.Considérase un técnico e non un político, «senon non podería botar tantos anos. Para algunha xente serei mellor e para outra peor, hai algúns temas dos que entendo máis, doutros menos, hai cousas que me gustan máis e, o tema do libro sempre me gustou moito, sempre estiven metido nel», asegura.

(más…)

Bea y el Ulla River Festival encabezan las Festas do Carme máis ambiciosas

El alcalde Manuel Luis Álvarez Angueira y la cantante cesureña Beatriz Porrúa presentaron ayer la programación de las Festas do Carme, que se celebran entre el 30 de junio y el 4 de julio, y que tiene como grandes alicientes las actuaciones musicales del fin de semana.

Angueira destacó que se trata de la edición más ambiciosa de los festejos, a los que quisieron imprimir outra dimensión con actividades deportivas para os rapaces e música para os mozos, cambiando o carácter que tiña antes, cando só había verbenas, para adaptarse a tódolos públicos.

(más…)

Festival «Operación Salou» no CPI Pontecesures.

Organizado polo Colexio de Pontecesures, celébrase o vindeiro venres día 19 de maio ás 20,00 horas no ximnasio do Centro o festival coñecido como «Operación Salou» que ten como fin recadar fondos para a excursión de remate de curso dos neno/as de 4º da ESO que entre os días 11 ó 18 de xuño desprázanse á cidade catalana.

Hai en total 19 actuacións, individuais ou en grupo, de profesores e alumnos que amosarán as súas habilidades cantando, bailando e recitando, dirixidos polo profesor de francés Xabier Ron.

As entradas teñen un prezo de 3 ? para os pais/nais e os alumnos de secundaria e de 2 ? para os alumnos de infantil e primaria.

Fai un chamamento a cidadanía para que asista ó festival pois además de colaborar cunha boa causa, pode presenciar un espectáculo moi divertido.

Festival de música tradicional «Letras Galegas 2006»

Organizado polo Concello de Pontecesures e coa colaboración da Deputación de Pontevedra, da Asociación Cultural Xarandeira de Pontecesures e da ANPA do CPI Infesta de Pontecesures, celébrase o sábado día 20 de maio ás 19,30 horas na Prazuela unha edición máis do festival de referencia que conta coa participación dos seguintes grupos por orde de actuación (cada formación actúa por un tempo de 1/2 hora aproximadamente):

* Grupo Algueirada de Pontecesures.
* Agrupación Folclórica Trebeyu de Xixón (Asturias).
* Agrupación Folclórica de Santa Marta de Portuzelo de Viana do Castelo (Portugal).
* Grupo «Xarandeira»:http://xarandeira.pontecesures.net de Pontecesures.

Cd´s e piratería

      Navegando pola rede atopei un comentario moi interesante de Toñito de Poi sobre a pirateria e os prezos dos cd´s.Xa que vai estar na vila coa Banda de Poi, actuando no I Ulla river Festival, pois coido que é interesante saber a sua opinión acerca do tema; aqui vai o link.